Subministracións de Auga Pura e Nitróxeno Líquido
Subministración de Nitróxeno líquido
Esta unidade ofrece ós distintos centros universitarios, de investigación e empresas da nosa contorna a subministración deste gas licuado, de forma centralizada para que podan cubrir as súas necesidades, tanto docentes como de investigación, en pequenas cantidades e aos que no lles sexa rentable a contratación individual desta subministración.
Para a prestación deste servizo o centro subscribiu contrato cunha empresa de gases que permite manter un stock constantemente dispoñible deste gas licuado.
- O único requisito que deberán cumprir os usuarios é dispoñer do seu propio contedor dewar.
Subministración de Auga pura
A auga pura pode obterse a partir da utilizada normalmente para consumo, como único requisito necesitase que sexa potable, obtendo unha auga purificada con baixo contido en ións, materia orgánica, microorganismos, coloides e partículas. Para obter esta calidade faise pasar a auga da rede primeiro por un filtro de carbón activo e por un bloque de pretratamento, sendo encamiñada a continuación hacia os módulos coas membranas de osmose inversa. Esta unidade conta con dous equipos, un de auga pura e outro de auga ultrapura.
A auga ultrapura prodúcese a partir da obtida polo sistema arriba descrito, sendo a súa principal característica o menor contido en carbono orgánico total. A auga pretratada pasa a través dunha cámara de fotooxidación ultravioleta, equipada cunha lámpada ultravioleta (UV) de doble lonxitude de onda que oxida os residuos de materia orgánica liberados na fase de pretratamento, presentando tamén unha función xermicida. Como derradeiro paso, atravesa un bloque de purificación que elimina os compostos ionizados.
Entre as utilidades destas augas destacan as análises instrumentais de alta sensibilidade, como as realizadas mediante GC, GC/MS, HPLC, monocapas de Langmuir Blodgett e fabricación microelectrónica.
Dotación instrumental e características:
Equipo de auga pura Millipore Elix 5
Caudal de auga purificada de 5 l/h
Rexeito iónico típico mínimo do 97-94%
Eliminación de partículas e de microorganismos superior ao 99%
Eliminación de materia orgánica (PM> 100) tamén superior ao 99%
Tanque de almacenamento para auga pura Millipore de polietileno de 60 l
Equipo de auga ultrapura Millipore MILLI-Q Advantage A10
Caudal de producción de 0,05 – 2,0 l/min
Carbono Orgánico Total (C.O.T.) menor a 5 ppb
Resistividade de 18,2 MOhmios.cm. a 25 º C
Conductividade 0,055 µS/cm. a 25 º C
Partículas ≤ 1/ml (tamaño particula > 0,22 µm)
Microorganismos ≤ 1 UFC/ml
- O único requisito que deberán cumprir os usuarios é o de aportar un recipiente en condicións de limpeza extremas para poder transportar a auga.