CACTI
Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación
Investigación básica e aplicada de calidade
O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación, coñecido polo acrónimo de CACTI, é unha aposta da Universidade de Vigo pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional dende o ano 1991.O CACTI ten como obxectivo a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto ós membros da Comunidade Universitaria como ós Organismos Públicos de Investigación (OPIs), no ámbito nacional e internacional, e entidades privadas do noso entorno.
O CACTI cubre os servizos máis punteiros da investigación científica: Determinación Estructural, Proteómica e Xenómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemento Sostible e Seguridade Alimentaria (nos Campus de Vigo e Ourense), Detección Remota, Taller de Mecanizado e Servicio de asistencia técnica e calibración SATYCEL.
Así, o CACTI nas dúas sedes de Vigo e Ourense, configúrase como un centro dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación no noso entorno xeográfico.
VISITAS AO CACTI
Os institutos, centros de formación profesional, organismos públicos e entidades poden solicitar unha visita guiada aos servicios do CACTI. O aforo máximo por organismo ou entidade é de 25 persoas e a duración máxima de 1h:45min. As visitas serán os últimos venres de cada mes (excepto os meses de agosto e decembro) en horario de mañá, de 10:00h a 11:45h e de 12:00h a 13:45h.
Centro certificado ISO-9001
AENOR certifica que a organización Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI) da Universidade de Vigo dispón dun sistema de xestión da calidade segundo a norma ISO 9001:2015.