Espectrometría de Masas de Alta Resolución
A espectrometría de masas é unha técnica analítica baseada na química dos ións en estado gasoso. Como en moitas outras técnicas de análise o propósito básico dun espectrómetro de masas é converte-la mostra en produtos medibles que indiquen a estrutura da molécula orixinal. Neste caso os produtos formados son ións gasosos nos que as súas masas e abundancias relativas constitúen o espectro de masas.
Un experimento típico de espectrometría de masas con ionización por impacto electrónico (EI-MS) comeza coa volatilización da mostra por acción do alto baleiro (10-5, 10-6 Torr). Posteriormente, a corrente de moléculas en fase gas faise colisionar cun feixe de electróns acelerados (20-70 eV). Ionízanse así as moléculas dando lugar a catións radicais que sofren fragmentacións. Os ións son conducidos a través dun dispositivo que selecciona os fragmentos que chegan ó detector en función da relación masa/carga que posúen.
Tal e como se describiu, a técnica precisa que a mostra se atope en fase gasosa para a súa análise, o que require altos baleiros e elevadas temperaturas na fonte de ionización. Isto establece, en principio, unha forte limitación na análise dos compostos pouco volátiles, de natureza polar, de peso molecular elevado, ou cunha baixa estabilidade térmica.
Para solucionar estes problemas desenvolvéronse unha serie de técnicas entre as cales salientan as coñecidas coma Ionización por Electrospray (ESI) e a Ionización asistida por matriz mediante Laser (MALDI).
Os equipos de masas de alta resolución instalados no servizo ofrecen una resolución que vai dende os 7.000 no caso do TOF mais pequeno e mais antigo os 6.000.000 no caso do FT-ICR.
Equipamento instrumental
Espectrómetro de Masas Bruker FTMS SolariX XR
Equipado con:
• Imán superconductor horizontal apantallado con un campo de 7 Teslas.
• Fuente Dual ESI/MALDI.
• Sistema hibrido Qq-FTMS.
• Célula de medida de resonancia ciclotrónica de iones ParaCell.
• Sistema de procesado de datos COMPASS con MS biotools
Ano de adquisición: 2019
Espectrómetro de Masas microTOF-Focus
Equipado con:
• Analizador de tiempo de vuelo.
• Fuente de ESI.
• Fuente APCI
• Sistema de procesado de datos COMPASS.
• Sistema de HPLC Agilent 1100.
Ano de adquisición: 2006
Espectrómetro de Masas timsTOF
Equipado con:
• Analizador de tiempo de vuelo.
• Sistema de mobilidade ionica (tims)
• Fuente de ESI.
• Sistema de procesado de datos COMPASS.
• Sistema de HPLC Bruker Elute.
Ano de adquisición: 2020
Aplicacións
A espectrometría de masas de alta resolución é a técnica de elección, non só para determina-lo peso molecular dunha substancia, senón tamén para determinar de xeito inequívoco a fórmula molecular desta.
Requisitos das mostras
A cantidade de mostra necesaria para realizar un experimento é mínima, recomendándose que se entregue ó servizo unha cantidade de, alomenos, 2 mg do producto para evitar imprevistos.
Máis información
Manuel Marcos – Nieves Atanes
+34 986 813 884 mmarcos@uvigo.es