Espectrometría de Masas

A unidade de Espectrometría de Masas comprende:
A espectrometría de masas é unha técnica analítica baseada na química dos iones en estado gaseoso. Como en moitas outras técnicas de análises o propósito básico dun espectrómetro de masas é converter a mostra en produtos medibles que indiquen a estrutura da molécula orixinal. Neste caso os produtos formados son iones gaseosos cuxas masas e abundancias relativas constitúen o espectro de masas. Como se pode deducir da breve descrición anterior a técnica tería, en principio, o inconveniente de ser de carácter destrutivo, aínda que dada a gran sensibilidade dos detectores utilizados unha mostra de 1 mg é normalmente suficiente para proporcionar a masa molecular dun composto, fornecendo ademais información estrutural e cuantitativa.
A adaptación da espectrometría de masas cunha técnica cromatográfica (especialmente a cromatografía de gases) data da década dos anos 70. Esta adaptación revolucionou a análise de mesturas complexas de compostos orgánicos por causa de que une as características de alto poder de resolución que lle dá a cromatografía de gases coa da alta sensibilidade que lle dá o espectrómetro de masas adaptado. O desenvolvemento das columnas capilares producido nos anos 80 incrementou aínda máis a capacidade de resolución da cromatografía de gases e como consecuencia a cromatografía de gases-masas (GC-MS) converteuse no método máis poderoso para a identificación e cuantificación de moléculas orgánicas relativamente apolares.
Comezando na década de 1980 e en maior medida na de 1990 a E.M. ten xogado un papel cada vez máis importante nas ciencias biolóxicas, porque se desenvolveron dous novos métodos de ionización: Electrospray (ESI) e matrix assisted laser desorption/ionization (MALDI). Permiten medir as masas moleculares de proteínas, oligosacáridos e DNA.
Equipamento instrumental
Espectrómetro de Masas Bruker FTMS SolariX XR
Equipado con:
- Imán superconductor horizontal apantallado con un campo de 7 Teslas.
- Fuente Dual ESI/MALDI.
- Sistema hibrido Qq-FTMS.
- Célula de medida de resonancia ciclotrónica de iones ParaCell.
- Sistema de procesado de datos COMPASS con MS biotools
Ano de adquisición: 2019
Espectrómetro de Masas Hewlett-Packard 5989
Equipado con:
- Cromatógrafo de Gases Hewlett-Packard 6890N con Inyector Split/Splitless.
- Inyector automático Hewlett-Packard 7683.
- Detector de Masas Hewlett-Packard 5975C.
Ano de adquisición: 2007
Espectrómetro de Masas Thermo
Equipado con:
- Cromatógrafo de Gases TRACE1600 con Inyector Split/Splitless.
- Inyector automático AL 1610.
- Detector de Masas cuadrupolar ISQ 7610.
- Ano de adquisición: 2024
Actualmente o servizo posúe as seguintes columnas capilares de fase estacionaria enlazada:
- HP-5 MS (5% Difenil Dimetil Polisiloxano). Análise de Alcaloides, Fármacos, Esteres de ácidos graxos, Compostos halogenados. etc.
- HP-35 (35% Difenil Polisiloxano). Análise de Aminas, Pesticidas, Fármacos, etc.
- HP- FFAP (Polietilenglicol- TPA modificado). Análise de Ácidos, Alcois, Aldehídos, Acrilatos, Cetonas, Nitrilos, etc.
- HP- INNOWAX (Polietilenglicol entrecruzado/enlazado). Análise de Alcois, Aromáticos, Aceites esenciais, Disolventes, etc.
Espectrómetro de Masas microTOF-Focus
Equipado con:
- Analizador de tiempo de vuelo.
- Fuente de ESI.
- Fuente APCI
- Sistema de procesado de datos COMPASS.
- Sistema de HPLC Agilent 1100.
Ano de adquisición: 2006
Espectrómetro de Masas timsTOF
Equipado con:
- Analizador de tiempo de vuelo.
- Sistema de mobilidade ionica (tims)
- Fuente de ESI.
- Sistema de procesado de datos COMPASS.
- Sistema de HPLC Bruker Elute.
Ano de adquisición: 2020
Aplicacións
A espectrometría de masas de alta resolución é a técnica de elección, non só para determinar o peso molecular dunha substancia, se non tamén para determinar de forma inequívoca fórmula molecular desta. Ademais as fragmentacións ás que se ve sometida a molécula dános unha información, que moitas veces é crítica para elucidar a estrutura de compostos descoñecidos. Dependendo da configuración do espectrómetro de masas esta técnica permite aplicacións tan diversas como a caracterización de polímeros pola súa distribución de pesos moleculares ou o pescudar a posición das pontes disulfuro dunha proteína.
A técnica de GC-MS emprégase amplamente na determinación de drogas, velenos, pesticidas, etc. e é o procedemento de análise recomendada legalmente para a análise de narcóticos nos EE.UU. e o control antidoping polo Comité Olímpico Internacional.
ÁREAS DE INTERESE
Química Orgánica
Química Física
Química Inorgánica
Química Analítica
Farmacoloxía
Toxicoloxía
Tecnoloxía dos Alimentos
Bioloxía
Bioquímica
Requisitos das mostras
A cantidade de mostra necesaria para realizar un experimento é mínima, recomendándose que para evitar imprevistos entréguese ao servizo unha cantidade de polo menos 2 mg de produto.
Máis información
Manuel Marcos – Nieves Atanes
+34 986 813 884

