Espectrometría de Gases-Masas
O acoplamento da espectrometría de masas cunha técnica cromatográfica (especialmente a cromatografía de gases) data da década dos anos 70 do século 20. Esta adaptación revolucionou a análise de mesturas complexas de compostos orgánicos xa une as características de alto poder de resolución cromatográfica que lle dá a cromatografía de gases, ca alta sensibilidade que lle dá o espectrómetro de masas acoplado. O desenvolvemento das columnas capilares producido nos anos 80 incrementou aínda máis a capacidade de resolución da cromatografía de gases e como consecuencia, a cromatografía de gases-masas (GC-MS) converteuse no método máis poderoso para a identificación e cuantificación de moléculas orgánicas relativamente apolares.
Equipamento instrumental
Espectrómetro de Masas Hewlett-Packard 5989A.
Compoñentes:
Cromatógrafo de gases Hewlett-Packard 5890Iiplus
Forno para dúas canles independentes
Control de presión en cabeza de columna
Inxector Split/Splitless
Programador de temperaturas con capacidade para tres ramplas positivas ou negativas
Inxector automático Hewlett-Packard 6890
Inxector de espacio de cabeza Hewlett-Packard 7694
Detector de masas Hewlett-Packard 5989ª
Rango do detector de 10 a 1000 dalton con posibilidade de amplialo a 2000 dalton
Sonda de inxección directa de mostras sólidas e líquidas
Fonte de ionización con conmutación instantánea entre ionización química e impacto electrónico
Sonda capilar directa para o cromatógrafo de gases
Columnas capilares de fase estacionaria enlazada: HP-FFAP (Polietilenglicol-TPA modificado) e HP-INNOWAX (Polietilenglicol entrecruzado)
Aplicacións
Esta técnica ó igual cá espectrometría de masas de alta resolución, atopa unha grande utilidade na identificación e caracterización estructural de compostos, pero ó estar encaixada coa cromatografia de gases a súa utilidade é aínda maior na análise de mesturas multicompoñentes.
A técnica do GC-MS emprégase amplamente na determinación de drogas, velenos, pesticidas, etc. e é o procedemento de análise recomendada legalmente para a análise de narcóticos nos EE.UU. e o control antidoping polo Comité Olímpico Internacional.
Máis información
Manuel Marcos – Nieves Atanes
+34 986 813 884