Microanalizador CHNS

Permite a análise do contido total de carbono, hidróxeno, nitróxeno e xofre (C, H, N, S) presente nun amplo rango de mostras. O método analítico está baseado na oxidación completa e instantánea da mostra por unha combustión “flash” que converte a tódolos compostos orgánicos e inorgánicos en produtos de combustión.
Os gases resultantes da combustión son reducidos e posteriormente transportados, mediante o gas portador (He), ata unha columna cromatográfica. Nesta prodúcese a separación dos diferentes gases, que finalmente pasan por un detector de condutividade térmica (T.C.D.) que dá un sinal proporcional á concentración de cada un dos compoñentes individuais da mestura.
O analizador ten un rango de medida desde 100 ppm a 100% de cada un dos elementos, cun límite de detección de 10 ppm. Nuns 12 minutos pode analizarse o contido de C, N, H, e S dunha mostra.
Equipamento instrumental
- Analizador elemental Thermo Flash Smart CHNS
- Autosampler de 32 posiciones
Aplicacións
Mostras orgánicas e inorgánicas:
• Mostras de síntese
• Cosméticos
• Produtos farmacéuticos
• Solos
• Aceites
• Combustibles
• Plásticos
• Lodos
• Residuos
• Pensos
• Fariñas
• Vexetais
Requisitos das mostras
- As mostras poderán ser sólidas ou líquidas (aceites)
- As mostras sólidas deben estar completamente secas, para evitar os erros debidos á presenza de disolventes ou humidade.
- Homoxéneas e representativas do material
- Estábeis
- No caso de mostras sen moer se marcará moenda na Solicitude de servizo.
- A cantidade de mostra necesaria para cada análise é:
- Mostras solos: 10 mg
- Outras mostras 2 mg
- Número máximo de mostras por solicitude: 20
- No caso de mostras que conteñan flúor ou mercurio, indicaráse na solicitude de servizo xunto a porcentaxe estimada para estes elementos.
- Naqueles casos que se queira máis dunha réplica, indicarase na solicitude e se enviará a cantidade de mostra necesaria para cada análise.
- As mostras deberán enviarse en viais ou bolsas de plástico perfectamente pechadas xunto coa solicitude de servizo correspondente.
- Os usuarios que así o desexen terán o prazo dun mes para recoller as mostras medidas no servizo.
Máis información
Jorge Millos – Jesús Estévez – Estefanía López
+34 986 812 238 – 986 813 885

