Demostraciones científico-técnicas (prácticas master y grado)
A realización de demostracións científico-técnicas de equipos instrumentais e/o instalacións poderá ser solicitada polo persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Durante o desenvolvemento da demostración, o solicitante estará presente co fin de impartir explicacións de carácter teórico e será asistido polo persoal técnico designado, que colaborará naqueles aspectos prácticos e aclaracións que xurdan. Non serán atendidas as demostracións nas que non se atope presente a persoa responsable da materia.
A demostración deberá ser solicitada ao responsable do servizo correspondente, para poñerse dacordo no día e a hora co fin de que non afecte o desenvolvemento da actividade dentro do servizo. A continuación, o solicitante deberá facer a reserva no LIMS indicando que é para unha demostración, e reservando as horas que acordase co persoal técnico do servizo.
Visitas
A realización de visitas guiadas aos servizos do CACTI poderá ser solicitada polo persoal da Universidade de Vigo, institutos, centros de formación profesional, organismos públicos e institucións ou empresas públicas ou privadas . O aforo máximo por organismo ou entidade é de 25 persoas e a duración máxima de 1h 45min. As visitas serán os últimos venres de cada mes (excepto os meses de agosto e decembro) en horario de mañá, de 12:00h a 13:45h. Para a realización das devanditas visitas deberá realizar a reserva.
Prácticas extra e curriculares, TFG e TFM
REGULACIÓN DA PARTICIPACIÓN DO CACTI EN TFG, TFM e PRÁCTICAS EXTRA- E CURRICULARES.
Os TFG/TFM e as prácticas serán realizados sempre baixo a supervisión dunha titor/a académico, é dicir un PDI da entidade solicitante.
Os Servizos do CACTI poderán participar na formación das prácticas extra- e curriculares e tamén como APOIO no desenvolvemento experimental dos TFG/TFM.
En cada Servizo designarase un Técnico cotutor, co visto e prace do responsable do servizo. O responsable do servizo (sexa cotutor ou non) deberá confirmar de que calquera das actividades non afecte negativamente o desenvolvemento dos servizos a outros usuarios.
O número de TFG/TFM e prácticas extra-/curriculares por servizo será valorado polo responsable do mesmo, en función da carga de traballo e da dispoñibilidade dos técnicos.
Para os TFG/TFM a proposta do proxecto de traballo será presentada polo Titor Académico que deberá, ademais, realizar a(s) solicitude(s) dos ensaios na Plataforma @LIMS, xa que forman parte da investigación para desenvolver nese proxecto.
O responsable docente deberá cumprimentar o formulario “SOLICTUDE REALIZACIÓN ACTIVIDADES FORMATIVAS NO CACTI”, que debe enviar ao técnico responsable do Servizo do CACTI co que propón colaborar. O técnico responsable logo da súa valoración poderá comunicar ao PDI a aceptación da participación e ao mesmo tempo informará á Dirección do Centro deste feito anexando ademáis o formulario.