Espectrometría de HPLC-Masas
O acoplamento entre esta técnica cromatográfica e a espectrometría de masas vese complicada polo feito de que incluso un fluxo de disolvente baixo, por exemplo 0.1 ml/min. de auga, xera un volume moi elevado (153 cm3/min) de gas que o sistema de baleiro debe de eliminar para permiti-la separación dos ións en fase gasosa. A cromatografía de líquidos emprégase normalmente para compostos nos que a baixa volatilidade os fai non axeitados para o seu manexo por cromatografía de gases.
Un dos equipos instalados no Servizo está dotado de dous tipos de fontes que empregan estratexias lixeiramente distintas para conseguir que os analitos se ionicen. A fonte Electrospray xera a ionización mediante a aplicación dunha diferencia de potencial de varios KV entre o capilar polo cal sae o fluxo da columna e o corpo da cámara de ionización. A ionización con Electrospray conduce á formación de especies con cargas múltiples, e posto que un espectrómetro de masas é un instrumento que mide relación masa/carga, este feito permítenos observar moléculas dun peso moi elevado cun equipo que teña un rango de masas relativamente pequeno. A fonte APCI fai uso da calor para axudar á evaporación do disolvente e ademais xérase unha descarga eléctrica na cámara que ioniza o gas xerado pola evaporación do disolvente. Nos dous casos a natureza do disolvente, o fluxo da fase móbil e parámetros como a diferencia de potencial aplicada, influencian a efectividade do proceso de ionización e polo tanto a sensibilidade da análise.
O outro equipo instalado no Servizo está equipado cun módulo de mobilidade iónica que permite introducir un método de separación dos ions baseado no seu volume molecular.
Equipamento instrumental
Espectrómetro de Masas timsTOF
Equipado con:
• Analizador de tiempo de vuelo.
• Sistema de mobilidade ionica (tims)
• Fuente de ESI.
• Sistema de procesado de datos COMPASS.
• Sistema de HPLC Bruker Elute.
Ano de adquisición: 2020
Aplicacións
Química orgánica
Química inorgánica
Química analítica
Toxicoloxía
Alimentación
Petroquímica
Medio ambiente
Enoloxía
Farmacia
Bioloxía
Recursos naturais
Máis información
Manuel Marcos – Nieves Atanes
+34 986 813 884 mmarcos@uvigo.es

