Mecanizado

A Unidade de mecanizado está pensada para ofrecer, tanto á Comunidade Universitaria como a outros centros de investigación e empresas externas, a posibilidade de deseñar e fabricar dende pezas unitarias (unha ou varias) ata a realización de proxectos e prototipos mecánicos a través de procedementos de fabricación por mecanizado (arranque de viruta), con máquina-ferramenta convencional e CNC
Equipamento instrumental
- Centro de Mecanizado CNC DMG MORI de 3 eixes +2 modelo CMX70U
- Fresadora punteadora Lagun modelo GVM 5-SP.
- Torno paralelo PINACHO modelo S-90/200
- Pregadora de chapa HM modelo MB/700
- Trade de columna ERLO modelo CR/30.
- Tronzadora Superbrown Modelo 350/60.
- Torno paralelo Heller modelo CE460/1000
- Electroafiladora de columna FORTEX modelo FTX-200-EM PRO
- Sierra de cinta MG modelo K-370-SA.
- Sistema de medición por contacto portable FARO modelo Quantum M MAX 2.0m 7ejes.
- Sistema de medición sin contacto portable FARO modelo FAROBlu xP.
Aplicacións
Deseño e Fabricación de Pezas, Prototipos e Proxectos relacionados coa investigación:
- Elementos de condución de fluídos.
- Pezas de baleiro.
- Soportes de Antenas.
- Pezas para calorímetros.
- Bloques quentadores para reaccións químicas.
- Equipos para investigación mariña; Cámaras de incubación, extractores de testigos… etc.
- Reactores químicos de corrosión.
- Inmobilizadores e trampas.
- Rotadores de botes.
- Mecanizados CNC de pezas para o sector aeroespacial.
- Elementos mecánicos en xeral.
Requisitos das mostras
Deberase croquizar unha breve descripción do traballo que se quere realizar. Polo contrario poderá ser necesaria a realización dun novo proxecto por parte do taller co seu respectivo número de horas.
Os equipos e instrumental de laboratorio que se recepcionen por parte do taller deberán estar debidamente esterilizados coa finalidade de evitar riscos para a saúde e seguridade das persoas.
Máis información
Antonio Souto Casás – Damián Pino Rodríguez
+34 986 812 241
tallerdemecanizado@uvigo.es