Impresión 3D

Impresión 3D CACTI

A Unidade de impresión 3D trata de deseñar e fabricar mediante a superposición de capas un obxecto tridimensional para crear prototipos e pezas viables a través desta nova tecnoloxía nun curto período de tempo e cunha gran variedade de materiais específicos para cada función.

Equipamento instrumental
  • Impresora 3D FDM Ultimaker S5 PRO bundle.
  • Impresora 3D SLA Resina Formlabs Form 3BL.
  • Sistema de Lavado Form Wash L.
  • Estación de curado Form Cure L.
Aplicacións

Impresión 3D en FDM (Fused deposition modeling) funciona con varios termoplásticos estándar, como o acrilonitrilo butadieno estireno (ABS), ó ácido poliláctico (PLA) e as súas diversas mesturas. É unha técnica adecuada para modelos básicos de proba de concepto, así como para a creación de prototipos rápidos e de baixo custo de pezas sinxelas, como pezas que poderían acabar pasando por un proceso de mecanizado.

Realízanse obxectos funcionais e deseño de algúns equipos novos específicos para cada traballo como:

  • Modelos de mostra como Algas, Foraminíferos, Fitoplancto ou cromosomas para divulgación científica.
  • Caixas e envases.
  • Útiles de ensaio, prototipos.
  • Moldes.
  • Cuadrantes de mostraxe.
  • Pezas para adaptar no laboratorio

Impresión 3D SLA mellorado ou LFS (Low Force Stereolitografy) de gran formato: utiliza unha iluminación lineal e un tanque flexible para converter a resina líquida en pezas sólidas. A parte encargada da iluminación é o LPU (Light Processing Unit), un único módulo que ten todas as partes (lentes, espellos e láseres) que se necesitan para solidificar a resina durante a fabricación dunha peza con unha potencia de láser de 250 mW e unha precisión nun plano XY de 25 μm. Este sistema ofrece características nítidas e limpas gracias a que os láser de alta potencia pasan a través dun filtro e garanten un punto de láser concentrado. O espello parabólico encárgase de que a proxección do láser sobre o plano de fabricación sexa sempre perpendicular, o que asegura a máxima calidade de impresión e a reprodución exacta do deseño que se quere fabricar.

É o suficientemente grande como para imprimir anatomía e produtos sanitarios. É posible imprimir fémures, ósos ilíacos, cranios e outras partes do corpo adulto a escala 1:1.
Validado con procesos de traballo aprobados por la Administración de Medicamentos e Alimentos Americana (FDA) é compatible con unha ampla gama de materiais biocompatibles e esterilizables fabricados en instalacións con certificación ISO 1348.

Requisitos das mostras

n/a

Máis información

Antonio Souto Casás – Damián Pino Rodríguez
+34 986 812 241
tallerdemecanizado@uvigo.es