Multi Sensor Core Logger-Standard (MSCL)

Multi Sensor Core Logger-Standard (MSCL)

O Multi Sensor Core Logger-Standard (MSCL-S) é un equipamento de escaneo de testemuños que permite realizar a análise de distintas propiedades físicas a alta resolución de xeito automático e rápido permitindo o estudio de cambios de densidade, transmisión de ondas-P, susceptibilidade magnética, cor, resistividade e radiactividade natural ao longo da mostra de xeito non destructivo. Tamen permite obter imaxes ópticas de alta resolución.

A análise da densidade gamma bruta das mostras baséase na determinación da atenuación que sufren os raios gamma emitidos por unha fonte tras atravesar a mostra obxecto de estudio e chegar ao detector.

A determinación da velocidade de ondas-P baséase na análise da propagación das ondas-P a través dos materiais.

A análise da Susceptibilidade Magnética baséase na determinación do grado en que aumenta ou diminue un campo magnético alternante de baixa intensidade xerado por un oscilador a consecuencia da presencia da mostra.

A determinación da cor mediante espectrofotometría visible baséase na medida da reflectancia espectral (total, ou con exclusión da compoñente especular) da mostra.

A determinación da resistividade eléctrica baséase na medida de cuán fortemente opónse un material ao fluxo dunha corrente electrica. O módulo de resistividade electrica consta dunha bobina transmisora e unha bobina receptora. A primeira induce un campo magnético de alta frecuencia na mostra, o que causa corrientes eléctricas nela, e a segunda mide os campos magnéticos xerados pola corriente eléctrica inducida.

A determinación da radiactividade gamma natural baséase na identificación de certos radioisótopos presentes na mostra en base á enerxía característica dos raios gamma que emiten. O módulo consta de dous detectores de radiactividade gamma natural para a determinación dos raios gamma emitidos debido ao decaimiento espontáneo dos radionucleidos presentes, en particular, K-40, U-238 e Th-232. No caso do U e do Th asúmese equilibrio secular nas súas respectivas series.

MSCL
Equipamento instrumental
 MSLC-S (Geotek)
  • Módulo de raios gamma
  • Transductores de ondas P
  • Sensores de Susceptibilidade magnética
  • Sensor de punto Bartington MS2E
  • Sensor de bucle Bartington MS2C
  • Espectrofotómetro Konica Minolta CM-700d
  • Módulo de resistividade eléctrica
  • Módulo de gamma natural
  • Geoscan imagin system
Aplicacións
  • Determinación da densidade gamma bruta das mostras. A partir desta medida pódese estimar a porosidade fraccional da mostra.
  • Determinación da velocidade de ondas-P. Se se determinan densidade gamma bruta e velocidade de ondas P pódese calcular a impedancia acústica das mostras
  • Determinación da Susceptibilidade Magnética(SM)
  • Determinación da cor mediante espectrofotometría visible: Os datos de cor poden obterse nas escalas L*a*b* (CIE), RGB, e Munsell
  • Determinación da resistividade eléctrica
  • Determinación da radiactividade gamma natural
  • Obtención de imáxes ópticas de alta resolución: Os datos da imaxe óptica poden exportarse a datos numéricos en escala RGB

De gran utilidade na análise de testemuños sedimentarios e testemuños de rocha.

Requisitos das mostras
  • Testemuños sedimentarios (abertos), U-channels ou testemuños de rocha de ata 1.50 m.
  • Farase unha solicitude por cada testemuño.
  • As mostras entregaránse no Laboratorio de Escaneo de Testigos (Planta -2, Anexo Torre CACTI). Consultar co Servizo para confirmar o horario de recepción de mostras.
  • No caso da análise de testemuños sedimentarios os solicitantes teñen que proporcionar para a preparación das mostras de calibración dos distintos sensores camisas de PVC baleiras e tapas (similares ás das mostras)
  • Prazo de recollida das mostras tras análise: 1 mes.

Máis información

Jorge Millos – Paula Álvarez
+34 986 81 22 38 – +34 986 81 39 68 (Laboratorio de escaneo de testigos)

jmillos@uvigo.espalvarez@uvigo.es