Magnetómetro Superconductor de Rocas SRM-755

O Magnetómetro Superconductor de Rocas SRM-755 é un equipamento que permite a determinación da magnetización remanente natural de sondeos de sedimentos e rochas, así como de mostras discretas de xeito automático, en termos de intensidade e dirección (momento magnético, magnetización) e dirección (vector de localización espacial a través de valores de declinación e inclinación).

Equipamento instrumental
Magnetómetro criogénico superconductor SRM-755 (2G Enterprises)
Deseñado para medir valores de magnetización débiles (nivel de ruido estimado 10-9), grazas ao seu ciclo superconductor (magnetómetro de tipo squid).
Características técnicas:
- Bobinas desmagnetizadoras por campos magnéticos alternos (AF) de ata 160 m
- Magnetizador IRM (Isothermal Remanent Magnetization) ata 1 Tesla
- Sistema de adquisición gradual da magnetización remanente anhisterética: ARM (Anhysteretic Remanent Magnetization)
- Sensores SQuID (Superconducting Quantum Interference Device) DC: nivel de ruido do dipolo do momento magnético total de < 10-9 emu, e valores máximos de medida de 5×10-2 emu
- Atenuación de campo 106, para campos transversais, e1011, para campos axiais
- Sistema Pulse Tube Cryocooler (sistema totalmente libre de helio líquido)
- Sistema de arrefriado rápido (36 horas)
- Acceso ás mostras de 4.2 cm de diámetro
Aplicacións
- Determinación da magnetización remanente natural (NRM)
- Determinación da magnetización remanente antihisterética (ARM)
- Determinación da magnetización remanente isotérmica (IRM)
De gran utilidade na análise de sedimentos e rochas en estudios de paleomagnetismo e magnetismo ambiental, arqueomagnetismo, contaminación, cambio climático, xeocronoloxía, estratigrafía, tectónica.
Requisitos das mostras
- U-channels de ata 1.50 m de lonxitude.
- Mostras discretas (≈10 cc)
- Faráse unha solicitude por cada sondeo.
- As mostras entregaránse no Laboratorio de Escaneo de Testigos (Planta -2, Anexo Torre CACTI). Consultar co Servizo para confirmar o horario de recepción de mostras.
- Prazo de recollida das mostras tras análise: 1 mes.
Máis información
Jorge Millos – Paula Álvarez
+34 986 81 22 38 – +34 986 81 39 68 (Laboratorio de escaneo de testigos)
jmillos@uvigo.es – palvarez@uvigo.es