Picarro 2120i

O analizador Picarro usa espectroscopía de absorción óptica baseada no tempo dos gases «destino» para determinar a concentración. Está basado en espectroscopía «wavelength-scanned cavity ring-down» (WS-CRDS), unha tecnoloxía na que a luz recircula moitas veces a través da mostra creando un paso óptico efectivo moi longo no que a luz interactúa coa mostra, o que permite ter unha excelente sensibilidade de detección nun instrumento compacto.
Aínda que non se trata dun espectrómetro de masas a espectroscopía de infravermellos permite determinación precisa de isótopos lixeiros xa que case todas as moléculas pequenas en fase gasosa (por exemplo, CO2, H2O, H2S, NH3) teñen un espectro de absorción de infravermello cercano único. A presión subatmosférica, consiste nunha serie de liñas nítidas, estreitas e ben resoltas, cada unha nunha lonxitude de onda característica. Debido a que estas liñas están ben espaciadas e a súa lonxitude de onda é ben coñecida, a concentración de calquera especie pódese determinar midindo a forza desta absorción, é dicir, a altura dun pico de absorción específico. Nos espectrómetros infravermellos convencionais os gases traza proporcionan unha absorción demasiado pequena para medir o que normalmente limita a sensibilidade a partes por millón no mellor dos casos. Con CRDS (Cavity Ring-Down Spectroscopy) evítase esta limitación de sensibilidade mediante o uso dun camiño óptico efectivo de moitos quilómetros.
No instrumento a mostra de auga líquida convértese en fase de vapor nun proceso flash en alta temperatura. Logo o vapor envíase á cavidade do láser para a súa análise. Permite monitorear os gases en segundos ou menos ao nivel de partes por billón, e algúns gases ao nivel de partes por billón.
Equipamento instrumental
O analizador Isotópico Picarro L2120i está formado por, espectrómetro, cámara de mostra, e computador integrado. Nunha soa unidade contrólase o funcionamento do sistema e convértense as medidas espectroscópicas en datos de concentración de gas.
Aplicacións
O analizador é ideal para aplicacións tan diversas como estudos climáticos, reconstruccións paleoclimáticas, isótopos en precipitación, trazadores de augas subterráneas e superficiais, dinámica de acuíferos, mapeo de migración de aves, probas de hidroloxía analítica, e actividade metabólica.
Requisitos das mostras
·A máxima fiabilidade do conxunto inxector automático/vaporizador/analizador garántese mediante a eliminación de partículas, sólidos en suspensión ou outro material del. Isto pódese lograr pasando as mostras de auga a través dun filtro de partículas (2-10 micras) antes de encher as vías de mostra.
·As mostras que conteñen sólidos iónicos disoltos (sales) pódense inxectar con normalidade no vaporizador.
·Débese ter coidado na análise de mostras de auga que conteñen compostos orgánicos. Certos compostos (normalmente os de peso molecular máis baixo) interfiren coa medición espectroscópica e afectan as relacións isotópicas medidas. Moitos compostos orgánicos poden ser eliminados co pretratamento da mostra, sen embargo, algúns tipos de pretratamento provocan fraccionamento isotópico polo que se deben realizar experimentos de control co método específico elixido.