MAT 253

A técnica consiste basicamente na determinación das abundancias relativas dos distintos isótopos estables dun elemento dado, que neste caso en particular, exprésanse como abundancias relativas dun isótopo respecto doutro (2H/1H,13C/12C, 15N/14N, 18O/16O).
O método analítico está baseado na combustión da mostra (sólida ou líquida). Os gases xerados son transportados cara a fonte de ións. Aquí vanse xerar os distintos ións por impacto de electróns nunha corrente de alto voltaxe. A continuación os ións son acelerados e focalizados a través dunhas lentes electrostáticas para formar un feixe que pasa aos detectores.
Equipamento instrumental
·IRMS Thermo Finnigan MAT 253
·Analizador elemental FlashEA 1112 Series
·Interfaz Conflo III
Aplicacións
A determinación da composición isotópica en mostras de auga, petróleo, carbón, rochas, sedimentos, minerais, alimentos, etc., pode proporcionar información de utilidade en estudios hidrolóxicos, hidroxeolóxicos, de xacementos minerais, cambio global e paleodietas, así como en estudios biolóxicos, diagnóstico médico e sobre a adulteración de alimentos.
Requisitos das mostras
·As mostras poden ser sólidas ou líquidas, homoxéneas e representativas do material.
·No caso de mostras sen moer marcarase moenda na solicitude de servizo.
·A cantidade de mostra necesaria é de 1-5 mg para mostras sólidas.
·As mostras deben vir en recipientes de plástico ou vidro perfectamente pechados e identificados.
·O número máximo de mostras por solicitude de servizo é de 30.
·Os usuarios que así o desexen terán o prazo dun mes para recoller as mostras medidas no servizo.
Máis información
Jorge Millos – Jesús Éstevez Sío
+34 986 812 238, +34 986 130 128