ICP-MS Multicolector

Esta técnica permite determinar as relacións isotópicas da maioría dos elementos da táboa periódica (por exemplo 206Pb/204Pb, 207Pb/204Pb, 208Pb/204Pb, 87Sr/86Sr, 56Fe/54Fe, 57Fe/54Fe).
É aplicable a gran variedade de tipos de mostras: augas (naturais, residuais), mostras biolóxicas, residuos industriais, solos, sedimentos, materiais vexetais, aleacións, etc, aínda que precisa que as mostras estean en disolución.
O fundamento da técnica está baseado na captura de partículas m/z (masa/carga) procedentes da ionización dos átomos obtidos a partir das altas temperaturas acadadas no plasma de argón: o número de partículas m/z será proporcional á concentración do analito na mesma, a selección das partículas m/z realízase mediante un analizador, xa sexa magnético ou cuadrupolar.
O espectrómetro multicolector permite a determinación simultánea de ata nove sinais, sempre e cando a dispersión e focalización destas sexa adecuada. O obxectivo principal desta polidetección é acadar a máxima precisión entre os ratios dos diferentes sinais analizados.


Equipamento instrumental
-MC-ICP-MS : Thermo-Finnigan Neptune
– Automostreador Teledyne Cetac ASX-112FR
Aplicacións
É aplicable a gran variedade de tipos de mostras: augas (naturais, residuais), mostras biolóxicas, residuos industriais, solos, sedimentos, materiais vexetais, aleacións, etc, aínda que precisa que as mostras estean en disolución.
Requisitos das mostras
-As mostras poden ser sólidas ou líquidas, homoxéneas e representativas do material.
-As mostras prepararanse en función do analito e tipo de matriz a estudiar, podendo ser necesario ter que dixerir a mostra, extraer e illar o analito de interese, dopar ou diluir a mostra.
-A cantidade de mostra necesaria dependerá da concentración do analito.
-As mostras deben vir en recipientes de plástico ou vidro perfectamente pechados e identificados con números correlativos
-O número máximo de mostras por solicitude de servizo é de 20.
Os usuarios que desexen recuperar as mostras xa analizadas, terán como máximo un mes a contar dende o envío dos resultados, rematado este prazo as mostras serán eliminadas.
Máis información
Jorge Millos
+34 986 81 22 38