Cromatografía Líquida
A Cromatografía Líquida de Alta Resolución é unha técnica de separación e caracterización de mesturas complexas amplamente empregada debido a súa versatilidade, e tamén polo seu amplo campo de aplicación en tódalas ramas da Ciencia.
Os compoñentes da mostra, previamente tratados e disoltos, son introducidos nun eluinte axeitado (fase móbil), e mediante a aplicación de altas presións son forzados a atravesar unha columna cromatográfica (fase estacionaria). Prodúcese desta forma unha retención selectiva dos analitos, e a resolución desta separación depende da interacción destes coa fase estacionaria e a fase móbil. A separación pode ser optimizada variando as mesturas ou composición da fase móbil, así como a natureza do recheo da columna.
Podemos clasificar a Cromatografía Líquida segundo o método de separación:
- Líquido, sólido ou de adsorción: Adsorción sobre a superficie da fase estacionaria
- Líquido: Reparto entre fases líquidas, unha móbil e outra estacionaria
- Fase enlazada: Reparto e / ou adsorción entre as fases móbil e enlazada
- Afinidade: Uso da estrutura de ligantes inmobilizados para unir bioselectivamente a proteína desexada
Unha vez separados, os compostos son detectados empregando un detector determinado, xerando un sinal característico que depende tanto do tipo de composto como da súa concentración. A representación gráfica do sinal fronte o tempo de retención dos compostos denomínase cromatograma.
Equipamento instrumental
Cromatógrafos de Líquidos:
- Módulo de separación WATERS 2695
- AGILENT TECHNOLOGIES 1260 INFINITY
- Cromatógrafo Iónico DIONEX ICS-3000
- HEWLETT PACKARD 1050 SERIES
Detectores e accesorios:
- Detector MS/MS AB SCIEX Triple Quad 3500
- Detector Photodiode Array WATERS 996
- Detector UV-VIS HEWLETT PACKARD 1050 SERIES
- Detector Fluorescencia WATERS 474
- Detector Índice de Refracción WATERS 410
- Detector Índice de Refracción Agilent 1200 Series
- Detector de Condutividade Dionex
- Detector Amperométrico Dionex
- Colector de fraccións WATERS Fraction Collector III
- Baño termostático PolyScience
- Fornos termostáticos WATERS
- Bombas poscolumna WATERS
Aplicacións
Entre moitas aplicacións podemos destacar (consúltenos):
- Síntese e purificación: obter compostos máis puros para que podan ser usados posteriormente (etapa final de moitas sínteses)
- Productos farmacéuticos: antibióticos, sedantes, esteroides, analxésicos…
- Bioquímica: aminoácidos, proteínas, carbohidratos, lípidos…
- Alimentación: adozantes artificiais, antioxidantes, aditivos…
- Contaminantes: praguicidas, herbicidas, fenois, PCBs…
- Medicina clínica: ácidos biliares, metabolitos de drogas, extractos de ouriños, estróxenos…
- Química forense: drogas, velenos, alcohol en sangue, narcóticos…
- Separar e detectar os ións máis comúnmente determinados na táboa periódica mediante Cromatografía Iónica
- Determinación de contaminantes inorgánicos por Cromatografía Iónica
Requisitos das mostras
- Realizar Solicitude de Servizo no sistema LIMS e entregar as mostras debidamente identificadas coa súa solicitude.
- Cantidade mínima de mostra necesaria: 0,5 mL (consúltenos)
- Nº máximo de mostras por solicitude: 10 (excepcións en Cromatografía Iónica)
- Volume de inxección: 1-100 µL
- Filtración se é posíbel: 0,45µm
- Prazo de recollida das mostras medidas: 1 mes
- Refrixeración das mostras analizadas: 1 semana despois da entrega de resultados
Máis información
Jorge Millos – Alberto Acuña – José Gómez
+34 986 812238 +34 986 130124 +34 986 130126