Difracción de Raios X

A unidade de difracción de raios X consta de dous difractómetros.

A Espectrometría de Difracción de Raios X estuda os materiais mediante as desviacións que sofre un feixe monocromático de raios X cando incide sobre os mesmos. Os ángulos de desviación están intimamente relacionados coa distancia entre os planos da rede cristalina do material. Polo tanto, o diagrama de difracción dunha substancia é característico da disposición ou ordenación dos átomos que a compoñen.

Esta técnica proporciona un método cómodo e práctico para a identificación cualitativa de compostos cristalinos.

A intensidade das liñas de difracción é función da concentración da substancia, sendo desta forma factible a realización da análise cuantitativa.

A vantaxe principal da análise por difracción é que, sendo un método non destrutivo, distingue compostos ou agrupacións atómicas, non átomos individuais, co que se obteñen datos que sería difícil ou imposible de conseguir por outros métodos. Permite a análise dunha ampla gama de materiais como metais, minerais, polímeros, catalizadores, plásticos, produtos farmacéuticos, recubrimentos de capa fina, cerámicas e semicondutores. A aplicación fundamental da Difracción de Rayos X é a identificación cualitativa da composición mineralóxica dunha mostra cristalina.

Os modos de medida dispoñibles no servizo son:

  • Modo theta-2 theta
  • Modo ángulo rasante
Equipamento instrumental

Difractómetro X´Pert Pro (PANalytical)

  • Fendas fixas ou programábeis automáticas
  • Monocromador de grafito
  • Dotado de dúas configuracións adicionais:
    • Alta resolución (monocromador primario de Xermanio)
    • Incidencia rasante (cristal colimador primario parabólico en feixe incidente e soller largo en feixe difractado)
Aplicacións

Permite a análise dunha ampla gama de materiais como metais, minerais, polímeros, catalizadores, plásticos, produtos farmacéuticos, recubrimentos de capa fina, cerámicas e semicondutores. A aplicación fundamental da Difracción de Rayos X é a identificación cualitativa das fases cristalinas dunha mostra.

Requisitos das mostras

As mostras teñen que ser sólidas e cristalinas. Deben estar secas. As mostras en pó colocaránse en un portamostras, pero tamén hai mostras que se poden medir directamente.

Tipo de mostras: Poden ser en pó como minerais, residuos, produtos de síntese, solos, rochas, etc. Ou sólidos, como recubrimentos, aleacións, metais, plásticos, etc.

Dimensións: Pós con tamaño de partícula ≤ 20µm

Sólidos de tamaño máximo 3*3 cm2 (outros tamaños consultar) e espesor entre 3 e 20 mm

Cantidade necesaria: para pós 1g excepto para arxilas que precísanse 5g (consultar tratamento de arxilas).

Tempo de recollida de mostras :1 mes

Máis información

Jorge MillosEstefanía LópezAlberto Acuña Couñago
986 130125
986 130127
986 130124986 813885
jmillos@uvigo.esfani@uvigo.esberto@uvigo.es