Analizador de Tamaño de Partícula

A dispersión da luz é unha das técnicas máis amplamente empregadas para medir a distribución do tamaño das partículas. Na práctica, a técnica é rápida e flexible, ofrecendo medicións precisas.
O Coulter mide a distribución do tamaño de partículas que están suspendidas nun líquido ou en forma de po seco utilizando os principios de dispersión da luz. Polo xeral, este patrón de luz dispersa denomínase patrón de dispersión ou función de dispersión. Para ser máis específico, un patrón de dispersión está formado por a intensidade da luz como función dun ángulo de dispersión. Cada patrón de dispersión dunha partícula é característico do seu tamaño.
Este analizador do tamaño de partícula proporciona resultados confiables e reproducibles para os investigadores, laboratorios de control de calidade, departamentos de control de proceso e produto ou calquera que teña necesidade de medir as distribucións do tamaño de partícula.
Equipamento instrumental
LS 13 320 Analizador de Tamaño de Partículas – Beckman Coulter
- Banco óptico LS 13 320
- Fonte1: láser de diodo de 5 mW
- Fonte2: lámpada tungsteno-halóxeno
- Detectores: 126 detectores colocados en ángulos de ata aproximadamente 35 grados do eixo óptico
- Módulo de Líquido Acuoso (ALM)
- Estación de preparación automática con sonda de ultrasóns (AutoPrep)
- Alcance dinámico: 0,04-2000 µm
Aplicacións
- Produtos farmacéuticos: control de calidade de suspensións e materias primas
- Química: control de calidade de pigmentos/pinturas, cerámicas, vidros…
- Alimentación: emulsións, fibras alimentarias, concentrados proteicos…
- Características xeolóxicas: solos, sedimentos
- Evaluacións medioambientais
Requisitos das mostras
- Documentación a entregar: Folla de Solicitude debidamente cuberta
- As partículas da mostra deben de estar cribadas, cun tamaño inferior a 2000 µm
- Cantidade mínima de mostra necesaria: dependendo da natureza mostra (consúltenos)
- Nº máximo de mostras por solicitude: 50
- Prazo de recollida das mostras medidas: 1 mes
- Refrixeración das mostras analizadas: 1 semana despois da entrega
Máis información
Jorge Millos | Estefanía López | Alberto Acuña Couñago |
986 130125 986 130127 | 986 130124 | 986 813885 |
jmillos@uvigo.es | fani@uvigo.es | berto@uvigo.es |