Análise Térmica

A análise térmica engloba o conxunto de técnicas analíticas que estudan o comportamento térmico dos materiais. Cando un material é quentado ou arrefriado, a súa estrutura e a súa composición química sofren cambios: fusión, solidificación, cristalización, oxidación, descomposición, transición, expansión, sinterización, etc.

Entre as técnicas de análise térmica temos a Termogravimetría (TG) e a Calorimetría diferencial de varrido (DSC) na unidade de caracterizacións de materias do servizo.

Na análise termogravimétrica rexístrase continuamente a variación da masa dunha mostra colocada nunha atmosfera controlada en función da temperatura ou do tempo en que aumenta a súa temperatura. Esta variación de masa pode ser debida a unha perda de masa ou unha ganancia de masa. A Termogravimetría estase usando na actualidade acoplada a outras técnicas, como por exemplo DTA ou DSC, e tamén a técnicas EGA.

A Calorimetría diferencial de varrido (DSC) é unha técnica cuantitativa que permite obter información da temperatura a que ten lugar o cambio enerxético en estudo e do calor involucrado no proceso. En DSC de fluxo de calor mídese a variación do fluxo de calor entre a mostra e a referencia cando éstas se someten a un programa de temperaturas nunha atmosfera controlada.

Equipamento instrumental

Analizador TG-DSC Setsys evolution 16/18 (Setaram). Este equipo está dotado dun forno de grafito robusto que pemite a subida dende a temperatura ambiente ata os 1200ºC.Este equipo permite facer medicións en atmosfera inerte (N2) ou aire. Pódense escoller diferentes rampas de temperatura durante unha mesma medida.

Aplicacións

O TG-DSC permítenos estudar procesos de transición de primeira orde (fusión, solidificación, cristalización, etc.), estudo de polimorfismos, determinación de humidade e cinzas, estudos composicionais, identificación de polímeros, estudo de oxidacións, determinacións de grado de pureza, etc.

Requisitos das mostras

Mediante esta técnica pódense medir pos e sólidos de tipo polímeros, material xeolóxico, plantas secas, morteros, residuos etc. En caso de material líquido consultar ao servizo.
Cantidade de mostra necesaria: 5-50 mg
Rango de Tª do proceso: 20-1200ºC

 

Máis información

Jorge Millos – Estefanía López – Vicente Rodríguez – Alberto Acuña
+34 986 812 238 – 986 813 885 – 986 130 125

jmillos@uvigo.esfani@uvigo.esvicen@uvigo.es – berto@uvigo.es