Autoanalizador de Fluxo Continuo Segmentado

O analizador é un equipo completamente automático e multiparamétrico de alta resolución. Ofrece tódalas vantaxes da técnica de Fluxo Segmentado (máxima precisión e exactitude ao coste máis baixo por unidade de análise). Fundaméntase na colorimetría e incorpora cantas operacións primarias sexan requeridas ata completar a reacción química, o que garante unha altísima reproducibilidade.
Ditas operacións compleméntanse segundo o indicado nas metodoloxías oficialmente aprobadas como son: diálise, extracción, dixestión e dilución.
Equipamento instrumental
- 2 AutoAnalyzer AA3 Bran+Luebbe
- Mostreador: XY-2
- Bomba peristáltica de alta capacidade: dende 1 ata 4 métodos
- Módulos químicos: cada módulo ten capacidade para 2 métodos químicos independentes
- Detectores: 4 fotómetros bicanais de alta resolución
- Módulos de diálise: 4 canais independentes
- Módulos de dixestión en liña: 2 canles UV independentes
- Sotfware AACE® de control e obtención dos resultados
Aplicacións
- Augas residuais N e P total, ións (Cl–, NO2–, NO3–, PO43-, NH4+)
- Auga potábel nutrientes aos niveis máis baixos
- Auga de mar nutrientes aos niveis máis baixos
- Extractos solos, foliáceos e fertilizantes
- Alimentación e bebidas, carnes, viños, etc.
- Aplicación a sectores industrias química e farmacéutica, etc.
Requisitos das mostras
- Documentación a entregar: Folla de Solicitude debidamente cuberta
- Cantidade mínima de mostra necesaria: 10 mL (consúltenos)
- Nº máximo de mostras por solicitude: 50
- Recepción de mostras: conxeladas ou refrixeradas (consúltenos)
- Filtración se é posíbel: 0,45µm
- Prazo de recollida das mostras medidas: 1 mes
- Refrixeración das mostras analizadas: 1 semana despois da entrega de resultados
Máis información
Jorge Millos – Alberto Acuña – José Gómez
+34 986 812 238, +34 986 130 124, +34 986 130 126