Análise de Hidrocarburos Totáis

A análise de hidrocarburos realízase mediante un sistema compacto e portátil que dispón dunha celda de extracción automática incorporada, o que facilita que as determinacións sexan sinxelas e rápidas. As súas características proporcionan lecturas incluso a niveis de trazas, xa sexa en mostras de augas ou de solos. Unha vez finalizado o proceso de extracción realízase a lectura no solvente mediante Absorción Non Dispersiva no Infravermello (IRND) a un intervalo de banda comprendido entre 3,4 e 3,5 µm.

Equipamento instrumental
  • Horiba OCMA-310

    • Celda de extracción: 20 mL
    • Solvente de extracción: Horiba S-316 ou Freón 113
    • Intervalo medida: 0-200 mg/L
    • Detector: Piroeléctrico (NDIR)
    • Repetibilidade: 0-9,9 mg/L; ± 0,2 mg/L – 10-99,9 mg/L; ± 2,0 mg/L – 100-200 mg/L; ± 4,0 mg/L
    • Resolución: 0-9,9 mg/L; 0,1 mg/L – 100-200 mg/L; 1 mg/L
Aplicacións
  • Medioambiente:
    • Calidade das augas doces ou mariñas
    • Estudo de zonas afectadas por verteduras
    • Contaminación en solos
  • Industria:
    • Seguimento de augas residuáis
    • Seguimento da eficiencia da separación de hidrocarburos/auga na industria petroleira
    • Control das augas residuáis nos diferentes procesos da industria automobilística
Requisitos das mostras
  • Documentación a entregar: Folla de Solicitude debidamente cuberta
  • Cantidade mínima de mostra necesaria: 50 mL
  • Nº máximo de mostras por solicitude: 10
  • Recepción de mostras: Conxeladas, refrixeradas (consúltenos)
  • Prazo de recollida das mostras medidas: 1 mes
  • Refrixeración das mostras analizadas: 1 semana despois da entrega de resultados

Máis información

Jorge Millos – Alberto Acuña – José Gómez
+34 986 812 238, +34 986 130 124, +34 986 130 126

jmillos@uvigo.es – berto@uvigo.es – josegomez@uvigo.es