Análise de C e N en Mostras Acuosas

O Analizador multi N/C 3100 foi deseñado para a determinación do contido en carbono e nitróxeno en mostras acuosas. Esta determinación realízase mediante descomposición termocatalítica. A oxidación termocatalítica a 950°C permite a determinación cuantitativa incluso dos compoñentes carbónicos e de nitróxeno pouco oxidábeis das augas e de mostras de augas cun alto contido de partículas ou moi salinas.
Equipamento instrumental
- AnalytikJena multi N/C 3100®
- Mostreador: con opción de axitación e dilución da mostra
- Temperatura de descomposición: 950ºC
- Volume de inxección: 100-1000 µL
- Fluxo gas: 15L/h
- Detector carbono: NDIR
- Detector nitróxeno: CLD
- Sotfware MultiWin® de control e obtención de resultados
Aplicacións
- Análise de: TOC (Carbono Orgánico Total), TNb (Nitróxeno Total enlazado), TC (Carbono Total), TIC (Carbono inorgánico Total), NPOC (Carbono Orgánico non Purgable), POC (Carbono Orgánico Purgable).
- Tratamento de augas de consumo e residuais
- Extractos de solos, foliáis e fertilizantes
- Control Medioambiental: relación TOC e TIC en augas superficiais (auga de mar)
- Farmacia, Mediciña e Biotecnoloxía: determinación de TC e TNb en auga ultrapura
Requisitos das mostras
- Cantidade mínima de mostra necesaria: 10 mL (consultar con técnico)
- Nº máximo de mostras por solicitude: 30
- Conservación/Estado das mostras: conxeladas ou refrixeradas
- Matrices complexas: informar da presenza de extractos ou ácidos
- Prazo de recollida das mostras medidas: 1 mes (1 semana despois da entrega de resultados conservadas en refrixeración e posteriormente a temperatura ambiente)
Máis información
Jorge Millos – Alberto Acuña – José Gómez
+34 986 812 238, +34 986 130 124, +34 986 130 126