Unidade de Plasma Acoplado Inductivamente con Detector de Masas (ICP-MS)

Unidade De Plasma Acoplado Inductivamente Con Detector De Masas

O plasma de acoplamento indutivo é unha fonte de ionización a presión atmosférica. A mostra introdúcese dentro dun plasma de argon onde se leva a cabo a atomización e a ionización dos elementos en función do seu potencial de ionización. O plasma ICP produce, principalmente, ións positivos e monoatómicos (M+) que se introducen no espectrómetro de masas para a súa análise.
Mediante ICP-MS pódense detectar a maioría dos elementos e isótopos da táboa periódica a niveis moi baixos de forma rápida, inequívoca e cun tratamento previo da mostra mínimo.
Para eliminar as interferencias poliatómicas utilízase a cela de colisión/reacción que emprega unha mestura de helio e hidróxeno.

Unidade De Plasma Acoplado Inductivamente Con Detector De Masas
Unidade De Plasma Acoplado Inductivamente Con Detector De Masas
Equipamento instrumental

Sistema ICP-MS cuadrupolar X series.

Aplicacións
  • Control de calidade de produtos terminados.
  • Caracterización de materias primas.
  • Control medioambiental: impurezas en augas potables e residuais, contaminantes en auga, cuantificación de residuos tóxicos e perigosos, análise de solos e sedimentos, análise de alimentos, etc.
  • Análises toxicolóxicos de sangue e ouriños.
Requisitos das mostras
  • Deben presentarse identificadas correctamente e numeradas de forma correlativa.
  • Deben estar en disolución e filtradas por un tamaño de poro de un mínimo de 0,45 µm.
  • As mostras sólidas requiren dixestión ácida para poñer os analitos de interese en disolución.
  • Non se deben usar os ácidos H2SO4 e HCl para evitar interferencias poliatómicas.
  • Non se poden analizar mostras que conteñan HF (xa que poden deteriorar o equipo), polo que o HF debe ser eliminado das mostras previamente.
  • O contido das mostras en sólidos totais disoltos non debe ser superior ó 0.2% para evitar a obstrución do nebulizador.
  • Ademais, debe indicarse a concentración aproximada dos elementos na mostra por se fora necesario diluíla.

Máis información

Cristina Pérez Novo – Sandra Gil Casal
+34 988 387 414

cperezn@uvigo.es