Preparación de Mostras

Preparación de mostras

O CACTI dispón en Ourense de varios equipos de preparación de mostras para a posterior análise de compostos por diversas técnicas. Entre eles:

 

  • SISTEMA DE DIXESTIÓN ÁCIDA ACELERADA POR MICROONDAS.
    A dixestión por microondas é un dos procedementos máis habituais na preparación de mostras, por exemplo para a súa posterior análise por MPAES e ICP-MS.
    A mostra xunto cos ácidos adecuados introdúcese en vasos pechados, e para dixerila aplícase enerxía de microondas. Á temperatura de traballo a mostra degrádase total ou parcialmente. A disolución acuosa ácida obtida déixase arrefriar e fíltrase se fose necesario.
    As grandes vantaxes desta técnica consisten na posibilidade de controlar de forma precisa certos parámetros como a temperatura, e poder dixerir a mostra en tempos moi reducidos.

 

  • EXTRACCIÓN ACELERADA CON DISOLVENTES (ASE).
    Mediante este sistema podemos realizar extraccións de mostras sólidas en moi pouco tempo, empregando volumes de disolvente inferiores ós empregados nas técnicas tradicionais de extracción.
    A mostra sólida colócase nun dispositivo que se sela, énchese con disolvente e quéntase a temperatura maior que o punto de ebulición do disolvente, xerando un gran aumento de presión na cela. Durante o tempo de extracción parte do líquido vaise recollendo nun vial. Ao final da extracción, o extracto expúlsase da cela con nitróxeno e recóllese xa filtrado nun vial.

 

  • EVAPORADOR TURBOVAP
    É un evaporador/concentrador, capaz de eliminar diferentes disolventes mediante nitróxeno. Permite a concentración simultánea de 24 mostras.
Preparación De Mostras
Preparación De Mostras
Preparación De Mostras
Equipamento instrumental
  1. SISTEMA DE DIXESTIÓN ÁCIDA ASISTIDA POR MICROONDAS.
    Dixestor de microondas CEM MarsXpress.
    Compoñentes: Vasos de dixestión de 55 mL.
  2. EXTRACCIÓN ACELERADA CON DISOLVENTES (ASE).
    Sistema de extracción acelerada mediante disolventes ASE200 de Dionex.
    Compoñentes: Celas de 5, 11 e 22 mL.
  3. EVAPORADOR TURBOVAP
    Evaporador Turbovap LV de Caliper lifeSciences (24 posicións).
Aplicacións
  1. SISTEMA DE DIXESTIÓN ÁCIDA ACELERADA POR MICROONDAS
    Agricultura (pensos, fertilizantes, tecidos vexetais, madeiras…), mostras medioambientais (augas, lodos, solos, sedimentos, etc.), alimentos (vexetais, froitas, peixes, carne, aceites…), plásticos, metais, cinzas, etc.
  2. EXTRACCIÓN ACELERADA CON DISOLVENTES (ASE).
    Mostras medioambientais: pesticidas, PAHs, PCBs, DRO, dioxinas, furanos, etc.
    Produtos farmacéuticos e naturais: aceites e ácidos orgánicos, vitaminas e antibióticos, deterxentes, etc.
    Alimentos: contaminantes, produtos naturais, pesticidas, lípidos, graxas, etc.
  3. EVAPORADOR TURBOVAP
    O evaporador turbovap é empregado nas extraccións de diferentes tipos de mostras para eliminar os disolventes e/ou concentrar as mostras.
Requisitos das mostras

Consulte co persoal técnico do laboratorio.

Máis información

Cristina Pérez Novo – Sandra Gil Casal
+34 988 387 414

cperezn@uvigo.es