Espectrometría de Masas e Proteómica

O sistema SCIEX TripleTOF® 6600+ é un espectrómetro de masas de tecnoloxía híbrida de cuadrupolo/tempo de voo para aplicacións LC/MS/MS, de alta resolución e masa exacta, preparado para realizar análises cualitativos de gran calidade, coa velocidade e sensibilidade necesaria para realizar tamén análises cuantitativos.
Óptimo para levar a cabo análises de proteómica diferencial e identificación masiva de proteínas.






Equipamento instrumental
- SISTEMA DE ESPECTROMETRIA DE MASAS de Alta Resolución SCIEX TripleTOF® 6600+ acoplado a un sistema de cromatografía Eksigent 400.
ACCESORIOS: SelexION+, MÓDULO DE MOVILIDADE IÓNICA. - SISTEMA DE ESPECTROMETRIA DE MASAS de Alta Resolución SCIEX TripleTOF® 6600+ acoplado a un sistema de cromatografía ExionPumpAD.
Soporte lóxico de traballo: AnalystTM, permite un control total do sistema LC/MS e de todos os seus compoñentes; sistema de baleiro, fontes de ionización, condicións de barrido do analizador de masas e dos parámetros de adquisición de datos, así como o control doutros equipos ou accesorios periféricos como son os sistemas de cromatografía (bombas, inxectores automáticos), bombas de infusión con xiringa, válvulas, etc.
Está preparado para cuantificar calquera tipo de molécula, para facer cuantificación relativa e absoluta.
Aplicacións
Os sistemas TripleTOF de SCIEX dos que dispón o Servizo son adecuados para estudos académicos e biofarmacéuticos, debido a súa alta resolución, sensibilidade, rango dinámico, linealidade e flexibilidade.
- Metabolómica aplicada a analizar biomoléculas como proteínas, péptidos, azucres, lípidos e moléculas orgánicas de gran tamaño.
- O software SWATH™ Acquisition 2.0., permite identificar e cuantificar péptidos, proteínas ou outros analitos de interese, cunha gran calidade cualitativa e unha cuantificación precisa e reproducible.
- Outros software para o procesado de datos, como o PROTEINPILOT, permiten realizar un completo e profundo análise das mostras, para coñecer e caracterizar o seu significado biolóxico
- Aplicacións de investigación, identificación e cuantificación simultánea.
- O software SCIEX OS dispón de varias bases de datos con multitude de compostos, agrupados en varias grupos e/ou familias: pesticidas, micotoxinas, antibióticos, metabolitos, produtos naturais, tóxicos…
Requisitos das mostras
Consulte co persoal técnico do laboratorio.
Máis información
Cristina Pérez Novo – Sandra Gil Casal
+34 988 387 414