Espectrometría de Emisión Atómica

Unidade de Espectrometría de Emisión Atómica

A espectrometría de Emisión Atómica é unha técnica de análise instrumental que permite detectar e determinar cuantitativamente a maioría dos elementos químicos.
O equipo do que dispón o CACTI é un analizador elemental que funciona cunha fonte de emisión de plasma de nitróxeno.
As veces empréganse diferentes técnicas de maior sensibilidade como:
Vapor frío: técnica empregada para a análise de mercurio.
Xerador de hidruros: permite analizar aqueles elementos capaces de formar hidruros volátiles (As, Se e Sb, entre outros).

    Espectrometría de Emisión Atómica
    Equipamento instrumental
    Espectrómetro MP-AES Agilent 4210.
    Accesorios:
    Xerador de vapor Varian GTA-77
    Aplicacións
    • Cuantificación de máis de 60 elementos metálicos en mostras líquidas e sólidas a niveis de macrocompoñentes e niveis traza.
    • Control de calidade de materiais, alimentos, cementos, aceites, etc.
    • Control medioambiental: augas de bebida, de mar, residuais e subterráneas.
    • Agricultura e alimentos: solos, sedimentos, materias vexetais, alimentos, etc.
    • Análises toxicolóxicos de sangue e ouriños (metais).
    Requisitos das mostras
    • Deben presentarse identificadas correctamente e numeradas de forma correlativa.
    • Deben estar en disolución acuosa e filtradas para poder ser analizadas.
    • As mostras deben ser homoxéneas e representativas.
    • No caso de matrices ou extractos complexos convén incluír o extractante para preparar os patróns (poñerse en contacto co técnico).
    • Non se analizan mostras que conteñan HF.

    Máis información

    Cristina Pérez Novo – Sandra Gil Casal
    +34 988 387 414

    cperezn@uvigo.es