Cromatografía

Cromatografía
  • CROMATOGRAFÍA DE GASES
    • ACOPLADA A ESPECTROMETRÍA DE MASAS
      Permite a separación e identificación de mesturas complexas.
      O espectrómetro de masas pode operar en modo Full Scan (barrido completo) ou en modo SIM (observación dun ión ou grupo de ións previamente seleccionado).
  • CROMATOGRAFÍA DE LÍQUIDOS
    • CON DETECTOR DE FLUORESCENCIA (HPLC-FL).
      Para compostos que presentan fluorescencia natural, así coma para os que poden converterse en fluorescentes. 
    • CROMATÓGRAFO IÓNICO CON DETECTOR AMPEROMÉTRICO E CON DETECTOR DE CONDUCTIVIDADE.
      É unha variante da Cromatografía Líquida de Alta Resolución (HPLC). É un método eficaz na separación e determinación de ións, baseado no uso de resinas de intercambio iónico.
      Detector amperométrico: mide a intensidade xerada ao aplicar un varrido de potencial.
      Detector de condutividade: mide a condutancia do ión analito cando pasa a través da célula de condutividade.
Cromatografía
Cromatografía
Cromatografía
Equipamento instrumental
  • CROMATOGRAFÍA DE GASES
    • ACOPLADA A ESPECTROMETRÍA DE MASAS
      Cromatógrafo de gases Finnigan Trace GC Ultra
      Detector de espectrometría de masas Finnigan Trace DSQ
      Fonte de ionización por impacto electrónico
      Automostreador automático AI 3000
      Inxector split/splitless
      Soporte lóxico de traballo Xcalibur
      Sistema de purga y trampa: Velocity XPT, Teedyne Tekmar
  • CROMATOGRAFÍA DE LÍQUIDOS
    • Cromatógrafo de líquidos Thermo con detector de FLUORESCENCIA (HPLC-FL), modelo Finnigan SpectraSYSTEM.
      Compoñentes: Automostreador automático, AS 1000.
      Soporte lóxico de traballo ChromQuest.
    • CROMATÓGRAFO IÓNICO CON DETECTOR AMPEROMÉTRICO E CON DETECTOR DE CONDUCTIVIDADE.
      Cromatógrafo de líquidos Dionex ICS3000.
      Detector amperométrico de pulsos.
      Detector de condutividade.
Aplicacións
  • CROMATOGRAFÍA DE GASES
    • ACOPLADA A ESPECTROMETRÍA DE MASAS
      Análise de drogas, pesticidas, produtos farmacéuticos, proteínas, polipéptidos, esteroides, metil ésteres de ácidos graxos, etc.
      CG-MS, P&T: Esta técnica permite analizar compostos orgánicos volátiles (trihalometanos, clorobencenos, BTEX, etc).

 

  • CROMATOGRAFÍA DE LÍQUIDOS
    • CON DETECTOR DE FLUORESCENCIA (HPLC-FL).
      Cuantificar concentracións baixas de compostos fluorescentes.
      Hidrocarburos aromáticos policíclicos en mostras medioambientais (solos, sedimentos, augas…) e alimentos.
      Compostos que poden migrar dende envases a alimentos.
      Drogas, vitaminas…calquera composto que presente propiedades de quimioluminiscencia.
    • CROMATÓGRAFO IÓNICO CON DETECTOR AMPEROMÉTRICO E CON DETECTOR DE CONDUCTIVIDADE.
      Detector amperométrico: monosacáridos, polisacáridos, aminoglicósidos, antibióticos, ácidos siálicos, etc.
      Detector de condutividade: análise de anións en augas de consumo, augas minerais, bebidas, etc.
Requisitos das mostras

Deben presentarse identificadas correctamente e numeradas de forma correlativa.
Poñerse en contacto co laboratorio para establecer as condicións da análise da mostra.

Máis información

Cristina Pérez Novo – Sandra Gil Casal
+34 988 387 414

cperezn@uvigo.es