Análise Superficial BET

O analizador de área superficial é unha ferramenta esencial para proporcionar área superficial así como isotermas en diversos materiais.
As mostras sólidas son pretratadas aplicando unha combinación de calor, baleiro e un fluxo de gas para eliminar os contaminantes que tiveran adsorbidos.
A área superficial ou superficie específica calcúlase a partir da cantidade de gas necesaria para formar unha monocapa de moléculas adsorbidas sobre a superficie do sólido utilizando o modelo Brunauer, Emmett, e Teller (BET).


Equipamento instrumental
Modelo: ASAP 2020.
Marca: Micromeritics.
Aplicacións
Produtos farmacéuticos, cerámicas, cementos, solos, zeolitas, pinturas e recubrimentos, catalizadores, implantes médicos, electrónica, produtos cosméticos, etc.
Requisitos das mostras
As mostras deben ser homoxéneas e estar secas.
Debe indicarse a temperatura máxima que soporta a mostra sen afectar á súa estrutura.
Máis información
Cristina Pérez Novo – Sandra Gil Casal
+34 988 387 414