Análise Elemental

A Unidade de Análise Elemental posibilita a determinación e cuantificación do contido en C, H, N e S presente en mostras orgánicas e inorgánicas.
Esta técnica basease na oxidación completa e instantánea da mostra mediante combustión “flash”. Os gases resultantes da dita combustión son transportados mediante un gas portador, helio, a través do forno de redución e a columna cromatográfica para ser finalmente detectados e cuantificados con axuda dun detector de condutividade térmica ou ben cun detector FPD (fotométrico de chama).


Equipamento instrumental
Analizador elemental Thermo Finnigan EA 1112
Automostreador automático
Soporte lóxico de traballo EAGER 300
Analizador elemental Thermo Scientific Flash Smart
Detector FPD 1112
Automostreador automático
Soporte lóxico de traballo EAGER SMART
Microbalanza Mettler Toledo, AT21 Comparator
Aplicacións
A análise elemental é unha técnica de gran utilidade na análise de:
- Control de calidade e determinacións do contido en C, H, N e S en sólidos e líquidos viscosos non volátiles.
- Análise de mostras medioambientais: solos, sedimentos, lodos, algas, plantas, madeira, etc.
Confirmación de identidade e pureza de calquera mostra que conteña C, N, H e S.
Requisitos das mostras
- Deben presentarse identificadas correctamente e numeradas de forma correlativa.
- De ser coñecida a fórmula e/ou a composición aproximada da mostra debe ser indicada, para elixir o patrón de referencia a empregar na análise.
- Para obter resultados significativos, repetitivos e fiables é preciso que as mostras sexan homoxéneas, secas e estables.
Máis información
Cristina Pérez Novo – Sandra Gil Casal
+34 988 387 414