Servizo de Asistencia Técnica e Calibración SATYCEL

O servizo de electrónica e calibración de equipos de laboratorio centra a súa función en tres obxetivos, a calibración, a reparación e o desenrolo de equipamento científico.
A unidade conta cunha sala aclimatada e os equipos necesarios para poder facer as calibracións de pipetas. Os informes de calibración expídense segundo a normativa ISO 8655.
Contamos cunha amplia experiencia na reparación de placas electrónicas, moi necesario no caso de falta de repostos. Tamén dispoñemos dun amplo rexistro de reparacións realizadas, fotografías e informes das mesmas. O persoal está autorizado para realizar operacións de mantemento e reparación en instalacións radiactivas.
Colaboramos no desenvolvemento e melloras de equipos segundo as necesidades do persoal solicitante.
Equipamento instrumental
- Multímetros dixitais
- Osciloscopios
- Fonte de alimentación
- Estacións de soldadura e desoldadura
- Analizadores de semiconductores e RCL
- Xogos de pesas clase E2
- Verificador de estanqueidade de pipetas
- Balanza de seis decimais e software para calibración de pipetas
- Tacómetro
- Datalogger de temperatura
- Datalogger de humidade e temperatura
- Cámara termográfica
Aplicacións
- Calibración e reparación de pipetas de volumen fixo e variable dende 1µl. a 10 ml.
- Calibración e reparación de balanzas de precisión e analíticas
- Desenvolvemento de sistemas e automatización de ferramentas para uso en laboratorios
- Reparación de equipos electrónicos, onde abarcamos unha amplia diverside de equipos tanto no ambito científico como o tecnolóxico
- Limpeza, reparación e axustes de lupas e microscopios
- Reparación de equipos de baleiro
- Verificación de espectrofotómetros
- Control de temperatura en baños, estufas, autoclaves
- Control de temperatura e humidade en cámaras
Requisitos das mostras
O solicitante declara que o equipo entregado non entraña risco para a saude e seguridade das persoas.
No caso de que existan riscos asociados a o equipo, o solicitante debe especificar ditos riscos coa finalidade de garantizar a saúde e seguridade das persoas.
Máis información
Fernando González Muiños – Marcos Troncoso Pontes
+34 986 812 239 +34 647 343 149