Unidade de Magnetometría PPMS (Phisical Property Measurement System)

Magnetómetro PPMS de 9 Teslas (Quantum Design)
O PPMS é un sistema automatizado de baixa temperatura e cun imán que permite medir propiedades de materiais como a calor específica, a susceptibilidade magnética de CA e CC e as propiedades de transporte eléctrica e térmica (o efecto Hall, a figura termoeléctrica de mérito e o efecto Seebeck).

Equipamento instrumental
O equipo consta dunha plataforma base que controla a temperatura no rango comprendido entre 1,9 y 400 K e una bobina superconductora (arrefriada con helio líquido) que permite aplicar un campo magnético externo de ata 9 Teslas. Nesta plataforma básica se poden instalar diferentes módulos de medida para obter información das propiedades magnéticas, eléctricas e térmicas.
Os diferentes módulos existentes neste Servicio permiten facer as seguintes caracterizacións físicas:
- Caracterización Magnética de Materiais: Técnica de Mostra Vibrante (VSM)
- Caracterización Térmica de Materiais: Técnica de Capacidade Calorífica (HC); e Técnica de Transporte Térmico (TTO), que inclúe condutividade térmica, efecto Seebeck e condutividade eléctrica
- Caracterización Eléctrica de Materiais: Técnica de medida de resistividade eléctrica DC; e Técnica de medida de transporte eléctrico AC, que inclúe resistividade eléctrica, efecto Hall, curvas I-V e corrente crítica
Aplicacións
Abarca campos de aplicación tales como: física aplicada, ciencia dos materiais, enxeñerías, industriais, electricidade e electrónica, estudo de materiais magnéticos, enxeñería biomédica, xeoloxía, medicina, entre outros.
Requisitos das mostras
As mostras non deben presentar restos de graxas, aceites, ou calquera composición que poñan en perigo a integridade do equipamento e non deben ser tóxicas ou daniñas.
A cantidade e forma das mostras dependerá da caracterización que se queira realizar (contactar cos técnicos para mais información).
Máis información
Beatriz Rivas Murias
+34 986 812 125 +34 986 812 110