Unidade de Microscopia Electrónica de Varrido (SEM)

O Microscopio Electrónico de Varrido usa lentes electromagnéticas para conducir o feixe de electróns ate a mostra, varrendo a súa superficie e xerando diferentes interaccións, de cara a obter imaxes con contraste topográfico ou de composición.
No Servizo contamos con equipos de canón termoiónico e de emisión de campo, estes últimos permiten observar as mostras en condicións de baixo voltaxe sen perder resolución, incluso nalgúns casos, sen necesidade de recubrimento.
Accesorios como EDS, STEM e criotécnicas fan posible a realización de microanálise, detección de electróns transmitidos e visualización de mostras xeadas ou sensíbeis ao feixe.
As mostras cómpre que estean deshidratadas e sexan boas condutoras da electricidade, a excepción do equipo de varrido medioambiental.
Equipamento instrumental
Microscopio electrónico de varrido emisión de campo ultra alta resolución JEOL JSM-6700 f
- Ultra alta resolución en SEM: 1.0 nm
- Detector retrodifundidos tipo YAG, alta resolución
- Detector STEM electróns transmitidos
- Microanálise EDS
- Criotransfer con criocorte
- Compensador de cargas
Microscopio electrónico de varrido medioambiental FEI Quanta 200
- Modo de traballo en Alto Baleiro, Baixo Baleiro (10 a 130 Pa) e modo ESEM (100 a 2600 Pa)
- Kilovoltaxe ata 20 kV
- Resolución en SEM: 3 nm (SE) e 4 nm (BSE) @30 kV
- Detector retrodispersados estado sólido
- Microanálise EDS
Microscopio electrónico de varrido JEOL JSM 6010LA
- Modo de traballo en Alto Baleiro e Baixo Baleiro (10 – 100 Pa)
- Kilovoltaxe ata 20 kV
- Resolución en SEM Alto Baleiro: 4.0 nm @20 kV
- Resolución en SEM Baixo Baleiro: 5.0 nm @20 kV (Detector BSE)
- Microanálise EDS
- Grandes mostras: X/Y: 80/40 mm; Z (WD): 5-48 mm
Aplicacións
Determinación de especies
- Controis de calidade
- Estudio de microestrutura
- Determinación de morfoloxía de materiais
- Estudio de defectos e estados de agregación
- Técnicas forenses
- Determinación de estratos en restauración
- Análise de partículas, nanopartículas e materiais nanoestruturados
- Estrutura de alimentos
- Presencia de contaminantes
- Procesos de corrosión
- Caracterización de recubrimentos e de estruturas metalúrxicas e cerámicas
- Capas pictóricas
- Microelectrónica
- Aplicacións en biomedicina: estudio de cultivos celulares, tecidos e órganos
Requisitos das mostras
Poñerse en contacto cos técnicos do Servizo
Máis información
María Inés Pazos Garrido – Beatriz Rivas Murias – Catalina Sueiro López – Daniel Carlos Cernadas Fraga
+34 986 812 125 +34 986 812 110
inespazos@uvigo.gal – brivas@uvigo.gal – catalina.sueiro@uvigo.gal – daniel.carlos.cernadas.fraga@uvigo.ga