Preparación de Mostras de Microscopía Electrónica

A finalidade desta unidade é a realización de todos os procesos aos que se debe someter unha mostra para que poda ser observada nun microscopio electrónico ou óptico.
Está dotada de máquinas que permiten desde o corte, brunido e desbastado de materiais industriais, ate a realización de cortes ultrafinos (20 – 70 nm) de mostras biolóxicas, pasando previamente pola súa fixación e inclusión, ou o tratamento para facilitar a súa conductividade, no caso da Microscopía Electrónica de Varrido.
É posible a realización de lámina delgada petrográfica e doutros materiais.
As criotécnicas permiten realizar estudios de mostras de materiais e biolóxicas, mantendo as características da mostra próximas ás naturais e libres de artefactos de preparación.
Equipamento instrumental
De entre tódolos equipos poderiamos salientar os seguintes:
- Dúas Pulidoras Automáticas
- Equipo de Impregnación en baleiro para resinas, ceras etc Struers Citovac
- Serra Struers Accutom 50, con discos de diamante, CBN e óxido de aluminio
- Ultramicrotomo Reichert Ultracut S. Coitela de diamante para ultrafinos
- Ultramicrotomo RMC Power, ML XL
- Contrastador automático de ultrafinos Leica EM AC 20
- Equipo para deshidratación de mostras pola técnica de punto crítico Baltec CPD030
- Unidade para recubrimento con ouro Emitech K550X e con evaporador de C Emitech K250
- Unidade para recubrimento con platino de alta resolución, etching e criocorte Bal-Tec MED020 dotado de criotránsfer Bal-Tec VCT-100 para o microscopio electrónico de barrido JEOL JSM-6700 F
- Equipo de adelgazamento iónico de Alta Precisión PIPS Gatan 691
- Sistema de crioifixación por espello metálico RMC MF-7000
- Sistema de crioifixación por inmersión en etano Gatan
- Equipo de inclusión metalográfica en quente Struers Labopress 3
- Cortadora automática Struers Discotom 60
- Equipo de limpeza por plasma para mostras e portamostras Gatan Solarus
Aplicacións
Preparación de mostras nos ámbitos da Microscopía Electrónica da Área das Ciencias da Vida e da Área das Ciencias dos Materiais.
Requisitos das mostras
Poñerse en contacto cos técnicos do servizo.
Máis información
María Inés Pazos Garrido – Beatriz Rivas Murias – Catalina Sueiro López – Daniel Carlos Cernadas Fraga
+34 986 812 125 +34 986 812 110
inespazos@uvigo.gal – brivas@uvigo.gal – catalina.sueiro@uvigo.gal – daniel.carlos.cernadas.fraga@uvigo.ga