Unidade de Microscopia Óptica

A Estereomicroscopía é empregada para aplicacións de baixa magnificación, o que permite unha observación 3D de alta calidade de materias que normalmente son visibles a simple vista. Os microscopios estereoscópicos observan a mostra a través de dúas lentes distintas. Isto permite que a imaxen que chega a cada ollo sexa lixeiramente distinta. A combinación destas dúas imaxes mediante nosos ollos produce o efecto tridimensional.
A técnica da Microscopía de Fluorescencia permite, gracias a un microscopio óptico que ten unha arquitectura específica, a detección de zonas determinadas da célula ás que se fixaron os trazadores fluorescentes que previamente engadimos ás mostras.
A Microscopía Confocal, usa tamén trazadores fluorescentes pero, a diferencia da Microscopía de Fluorescencia, só se recolle a emisión fluorescente do área enfocada, rexeitando as restantes e conseguíndose deste xeito un aumento da resolución.
Isto, unido ó feito de contar cunha luz láser incidente, capacita a este microscopio para a adquisición de centenares de sección ópticas confocais moi delgadas en diferentes planos da mostra, que poden ser almacenadas e combinadas para xerar dun xeito non destrutivo unha imaxe tridimensional. A vista da imaxe pode ser enteira ou de determinadas partes.
Pola súa parte, o feito de contar cunha cámara de incubación, permite o traballo en células vivas, coa posibilidade de recoller imaxes moi rápidas, tanto no modo Wide Field, como en modo confocal gracias o escáner de alta frecuencia.
Equipamento instrumental
Microscopio estereoscópico Zoom Nikon SMZ1500
- Oculares CW10xA/22
- Obxetivo HR Plan Apo 1x WD54
- Sistema óptico paralelo con zoom.
- Rango de zoom: 0.75x-11.25x
- Cámara DeltaPix Infinity X
- Software DeltaPix InSight
- Iluminación superior e epifluorescencia con cubo GFP-B (EX 480/40 DM505 BA 535/50)
Microscopio Nikon Eclipse E800
- Microscopio óptico Nikon Eclipse 800 cos seguintes obxetivos:
- 4xPL Fluor 0.13
- 10x PL APO 0.45
- 20x PL Fluor 0.50
- 40x PL APO 1.0 OIL
- 60x PL APO 1.4 OIL
- 100x PL APO VC 1.4 OIL
- Cámara CCD Nikon DS-5 Mc
- Módulo de epifluorescencia:
- B2A. Excitación azul
- G2A. Excitación Verde
- V2A. Excitación Ultravioleta
- Estación de traballo Dell
- Polarizador e Analizador
- Platina de temperatura LINKAM SCIENTIFIC Modelo PE120
Módulo Confocal Leica SP5 sobre Microscopio Óptico Invertido Leica DMI 6000
- Microscopio óptico Leica DMI 6000 invertido motorizado cos seguintes obxetivos:
- 10x PL APO 0.40
- 20x PL APO 0.70
- 20x PL APO 0.70 IMM
- 40x PL APO 0.75 OIL
- 63x PL APO 1.4 OIL
- 63x HCX PL APO 1.20 Water
- DIC en todos os obxetivos
- Filtros Fluorescencia:
- I3. Excitación azul
- N2.1. Excitación Verde
- Excitación UV
- Platina Galvanométrica, motorizada en X e Y
- Platina de incubación
- Módulo Confocal Multiespectral Leica SP5 con 3 canles de detección por fotomultiplicador, unha canle con detector híbrido e unha quinta para transmisión
- Dotación de láser:
- Azul, Argón (458nm, 476nm, 488nm, 496nm, 514 nm)
- Verde, HeNe (543nm)
- Vermello, HeNe (633 nm)
- Violeta, Diodo Azul 405nm)
- Divisor óptico-acústico (AOBS)
- Adquisición series multidimensionais: x, y, z, t, º, λ
- Software FRAP, FLIP, FRET, 3D, Dye Finder
- Cámara de incubación con control de CO2 e temperatura
- Dispensador de auga para obxetivos
- Wide Field
- Sistema de recollida de imaxes High Content Screening en modo confocal (software Matrix)
- Software de recollida e tratamento de imaxes Metamorph
Aplicacións
- Marcaxe por inmunofluorescencia de proteínas de membrana, órganos subcelulares, citoesqueleto, etc.
- Estudios de fisioloxía celular
- Reconstrución de estruturas tridimensionais
- Estudio de microrrugosidades en materiais pulidos
- Análise de mostras con fluorescencia de seu
- Estudios célula viva
- High Content Screening
Requisitos das mostras
Poñerse en contacto cos técnicos do servizo.
Máis información
María Inés Pazos Garrido – Beatriz Rivas Murias – Catalina Sueiro López – Daniel Carlos Cernadas Fraga
+34 986 812 125 +34 986 812 110
inespazos@uvigo.gal – brivas@uvigo.gal – catalina.sueiro@uvigo.gal – daniel.carlos.cernadas.fraga@uvigo.ga