Difracción de Raios X de Monocristal

A ‘Difracción de Raios X de Monocristal’, comunmente coñecida como ‘Cristalografía de Raios X’, é unha técnica analítica na que se empregan os métodos de raios X para determinar con certeza a disposición real dos átomos dentro do cristal estudado e, polo tanto, a estrutura tridimensional iónica ou molecular así como a organización supramolecular. A ciencia da ‘Cristalografía de Raios X’ orixinouse en 1912 co descubrimento de Laue que os cristais difractan raios X. Desde entón, a difracción de raios X de monocristal converteuse na ferramenta máis eficaz para a obtención da distribución espacial dos átomos en estado sólido.

A determinación de estruturas por difracción de raios X pódese aplicar a unha ampla gama de sistemas, desde moléculas moi pequenas ou sales simples, ata minerais complexos, compostos sintéticos orgánicos, inorgánicos e organometálicos, produtos naturais e macromoléculas biolóxicas, como proteínas e ata virus. O coñecemento preciso da xeometría molecular estase convertendo cada vez máis importante en case todos os campos da investigación química e biolóxica xa que permite entender tanto as propiedades físicas, -cor, condutividade eléctrica, propiedades magnéticas-, químicas -reactividade, propiedades catalíticas- e/ou biolóxicas -propiedades farmacolóxicas- dos sistemas obxecto de estudo.

A Unidade de Difracción de Raios X de Monocristal está dotada co equipamento necesario para levar a cabo estudos estruturais de ‘moléculas pequenas’. A cristalografía de ‘molécula pequena’ normalmente implica cristais con menos de 100 átomos na súa unidade asimétrica.

Equipamento instrumental

Difractrómetro Bruker D8 Venture
Equipado con:

  • Detector bidimensional CMOS Photon 100
  • Goniómetro de catro círculos tipo kappa
  • Xerador de 50 W con microfonte de alto brillo de molibdeno
  • Óptica HeliosTM multicapa Göbel (modelo ELM33)
  • Unidade de Baixa Temperatura CryoStream 800

Ano de adquisición: 2015

Microscopio estereoscópico Nikon SMZ-745T
Equipado con:

  • Estativo híbrido iluminación LED
  • Oculares C-W 20x
  • Cámara dixital Nikon P6000

Ano de adquisición: 2009

Microscopio estereoscópico Nikon SMZ-745T
Equipado con:

  • Estativo diascópico iluminación LED
  • Oculares C-W 20x
  • Cámara dixital CMOS DFK72 Color

Ano de adquisición: 2013

Aplicacións
  • Medida dos parámetros de rede do cristal.
  • Identificación de sustancias coñecidas a través dos parámetros reticulares.
  • Determinación da estrutura tridimensional iónica ou molecular: Posicións atómicas, distancias e ángulos de enlace, ángulos de torsión, etc.
  • Avaliación das interaccións supramoleculares (enlace de hidroxeno, π···π , C-H···π , halóxeno···halóxeno) relacionadas coas propiedades físicas dos materiais estudados.
  • Determinación da configuración absoluta para mostras enantiopuras.
  • Estimación de transicións de fase a partir de medidas a temperatura variable.

Ó grupo das áreas que tradicionalmente mostraron interese por esta técnica, como son Mineraloxía, Química Inorgánica, Química Orgánica e Química del Estado Sólido, incorpóranse outras como a Ciencia dos Materiais, Farmacoloxía, Produtos Naturais, Bioquímica, etc.

Requisitos das mostras

As mostras deben estar constituídas por monocristais con caras e arestas definidas, sen estrías, inclusións nin dislocacións, sendo o tamaño preferible 0.15 x 0.15 x 0.15 mm aproximadamente. Para evitar a degradación dos cristais inestábeis é recomendable envialos somerxidos nas augas nais ou protexidos cun aceite mineral.

Máis información

Berta Covelo
+34 986 812 669

monocristal@uvigo.es