Presentación

Cromatografía

O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación, coñecido polo acrónimo de CACTI, foi e é unha aposta da Universidade de Vigo pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional dende o ano 1991.

O CACTI ten como obxectivo a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto ós membros da Comunidade Universitaria como ós Organismos Públicos de Investigación (OPIs), no ámbito nacional e internacional, e entidades privadas do noso entorno.

O CACTI cubre os servizos máis punteiros da investigación científica: Determinación Estructural, Proteómica e Xenómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemento Sostible e Seguridade Alimentaria (nos Campus de Vigo e Ourense), Detección Remota, Taller de Mecanizado e Servicio de asistencia técnica e calibración SATYCEL. Así, o CACTI nas dúas sedes de Vigo e Ourense, configúrase como un centro dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación no noso entorno xeográfico.

(María Belén Rubio, Vicerreitora de Investigación, 2019)