Técnicas Radioquímicas

Técnicas Radioquímicas

As instalacións do Laboratorio de Técnicas Radioquímicas permiten realizar traballos de investigación con isótopos radioactivos coas máximas condicións de seguridade, asegurándose así a xestión e control dos pedidos de material radioactivo, así como a xestión dos residuos radioactivos xerados na Universidade de forma centralizada. O seguimento médico dos usuarios contratarase co Centro de Dosimetría Nacional de Valencia e o persoal do Centro encargarase de xestionar e cambiar os dosímetros persoais.

O laboratorio posúe dúas vitrinas de seguridade para traballos con isótopos radioactivos gamma e beta, así como dun almacén de residuos que conta con depósitos móbiles tanto para residuos líquidos coma sólidos, coa blindaxe adecuada para os diferentes isótopos. Tamén posúe un detector de radiación de zona. Este laboratorio é unha instalación de categoría II que permite traballar con Fe-59, I-125, C-14, P-32 y H-3.

Equipamento instrumental

Contador de Centelleo en Fase Líquida Para Partículas Beta WALLAC modelo 1409-012

  • Capacidade de 336 a 1248 mostras, en función do tipo de vial utilizado.
  • Sistema de contaxe en CPM ou DPM.
  • Sistema controlado por microordenador.
  • Librería interna do contador cos espectros dos isótopos máis comúns para emisións gamma e beta, S-32, I-125, C-14, P-35 e H-3.
  • Posibilidade de traballar en modo luminómetro, mediante desactivación do sistema de coincidencia.

Contador de Centelleo en Fase Sólida para Radiacións Gamma WALLAC modelo 1470-001

  • Detector de NaI (Tl).
  • Eliminación do efecto “Crosstalk”.
  • Mostrador con conducción por sistema de arrastre con capacidade para 550 mostras.
  • Cambiador de mostras de brazo robótico.
  • Librería de contaxe para os isótopos máis comúns: I-125, I-129, I-131, Co-57, Se-75, Cr-51.
  • Permite subtracción automática de fondo, corrección de vida media, corrección de Crosstalk. e posibilidade de visualizar o espectro da mostra que se está contando en tempo real. Tamén posúe programa para procesado de datos de radioinmunoensaio.
Aplicacións

Nesta unidade pódense realizar estudios radiométricos, centrándose esencialmente nas probas de radioinmunoensaio (R.I.A. e I.R.M.A.), por exemplo a cuantificación da concentración hormonal en mostras biolóxicas, así coma o estudio das características fisiolóxicas e patolóxicas dos receptores.

As aplicacións abarcan dende o campo clínico ás Ciencias biolóxicas e Medioambientais.

Requisitos das mostras

Esta unidade está en Autoservizo.
Os usuarios deben estar autorizados polo responsable da IRA para realizar operacións na instalación.

As mostras serán preparadas polo usuario e medidas por este no contador correspondente.

Máis información

Jorge Millos – Estefanía López
+34 986 812 238 – +34986 130 124
jmillos@uvigo.es – fani@uvigo.es