Microanalizador CN

Microanalizador CN

Permite a análise do contido total de carbono e nitróxeno, así como a determinación do contido de carbono inorgánico mediante calcinación da fracción orgánica da mostra.

Equipamento instrumental
  • Analizador elemental Thermo FlashEA 1112 Series
  • Autosampler de 124 posiciones
Aplicacións

Mostras orgánicas e inorgánicas:
• Solos
• Lodos
• Residuos
• Pensos
• Fariñas
• Vexetais

Requisitos das mostras
  • As mostras sólidas deben estar completamente secas, para evitar os erros debidos á presenza de humidade.
  • Homoxéneas e representativas do material
  • Estábeis
  • No caso de mostras sen moer se marcará moenda na Solicitude de servizo.
  • A cantidade de mostra necesaria para cada análise é:
    • Carbono total: 40 mg
    • Carbono inorgánico: 40 mg
  • Número máximo de mostras por solicitude: 20
  • Naqueles casos que se queira máis dunha réplica, indicarase na solicitude e se enviará a cantidade de mostra necesaria para cada análise.
  • As mostras deberán enviarse en viais ou bolsas de plástico perfectamente pechadas xunto coa solicitude de servizo correspondente.
  • Os usuarios que así o desexen terán o prazo dun mes para recoller as mostras medidas no servizo.

Máis información

Jorge Millos – Jesús Estévez – Estefanía López
+34 986 812 238 – 986 813 885

jmillos@uvigo.es – jsio@uvigo.es – fani@uvigo.es