Unidade de Microscopia Óptica

Microscopia Optica

A Estereomicroscopía é empregada para aplicacións de baixa magnificación, o que permite unha observación 3D de alta calidade de materias que normalmente son visibles a simple vista. Os microscopios estereoscópicos observan a mostra a través de dúas lentes distintas. Isto permite que a imaxen que chega a cada ollo sexa lixeiramente distinta. A combinación destas dúas imaxes mediante nosos ollos produce o efecto tridimensional.

A técnica da Microscopía de Fluorescencia permite, gracias a un microscopio óptico que ten unha arquitectura específica, a detección de zonas determinadas da célula ás que se fixaron os trazadores fluorescentes que previamente engadimos ás mostras.

A Microscopía Confocal, usa tamén trazadores fluorescentes pero, a diferencia da Microscopía de Fluorescencia, só se recolle a emisión fluorescente do área enfocada, rexeitando as restantes e conseguíndose deste xeito un aumento da resolución.

Isto, unido ó feito de contar cunha luz láser incidente, capacita a este microscopio para a adquisición de centenares de sección ópticas confocais moi delgadas en diferentes planos da mostra, que poden ser almacenadas e combinadas para xerar dun xeito non destrutivo unha imaxe tridimensional. A vista da imaxe pode ser enteira ou de determinadas partes.

Pola súa parte, o feito de contar cunha cámara de incubación, permite o traballo en células vivas, coa posibilidade de recoller imaxes moi rápidas, tanto no modo Wide Field, como en modo confocal gracias o escáner de alta frecuencia.

Equipamento instrumental

Microscopio estereoscópico Zoom Nikon SMZ1500

  • Oculares CW10xA/22
  • Obxetivo HR Plan Apo 1x WD54
  • Sistema óptico paralelo con zoom.
  • Rango de zoom: 0.75x-11.25x
  • Cámara DeltaPix Infinity X
  • Software DeltaPix InSight
  • Iluminación superior e epifluorescencia con cubo GFP-B (EX 480/40 DM505 BA 535/50)

Microscopio Nikon Eclipse E800

  • Microscopio óptico Nikon Eclipse 800 cos seguintes obxetivos:
    • 4xPL Fluor 0.13
    • 10x PL APO 0.45
    • 20x PL Fluor 0.50
    • 40x PL APO 1.0 OIL
    • 60x PL APO 1.4 OIL
    • 100x PL APO VC 1.4 OIL
  • Cámara CCD Nikon DS-5 Mc
  • Módulo de epifluorescencia:
    • B2A. Excitación azul
    • G2A. Excitación Verde
    • V2A. Excitación Ultravioleta
  • Estación de traballo Dell
  • Polarizador e Analizador
  • Platina de temperatura LINKAM SCIENTIFIC Modelo PE120

Módulo Confocal Leica SP5 sobre Microscopio Óptico Invertido Leica DMI 6000

  • Microscopio óptico Leica DMI 6000 invertido motorizado cos seguintes obxetivos:
    • 10x PL APO 0.40
    • 20x PL APO 0.70
    • 20x PL APO 0.70 IMM
    • 40x PL APO 0.75 OIL
    • 63x PL APO 1.4 OIL
    • 63x HCX PL APO 1.20 Water
  • DIC en todos os obxetivos
  • Filtros Fluorescencia:
    • I3. Excitación azul
    • N2.1. Excitación Verde
    • Excitación UV
  • Platina Galvanométrica, motorizada en X e Y
  • Platina de incubación
  • Módulo Confocal Multiespectral Leica SP5 con 3 canles de detección por fotomultiplicador, unha canle con detector híbrido e unha quinta para transmisión
  • Dotación de láser:
    • Azul, Argón (458nm, 476nm, 488nm, 496nm, 514 nm)
    • Verde, HeNe (543nm)
    • Vermello, HeNe (633 nm)
    • Violeta, Diodo Azul 405nm)
  • Divisor óptico-acústico (AOBS)
  • Adquisición series multidimensionais: x, y, z, t, º, λ
  • Software FRAP, FLIP, FRET, 3D, Dye Finder
  • Cámara de incubación con control de CO2 e temperatura
  • Dispensador de auga para obxetivos
  • Wide Field
  • Sistema de recollida de imaxes High Content Screening en modo confocal (software Matrix)
  • Software de recollida e tratamento de imaxes Metamorph
    Aplicacións
    • Marcaxe por inmunofluorescencia de proteínas de membrana, órganos subcelulares, citoesqueleto, etc.
    • Estudios de fisioloxía celular
    • Reconstrución de estruturas tridimensionais
    • Estudio de microrrugosidades en materiais pulidos
    • Análise de mostras con fluorescencia de seu
    • Estudios célula viva
    • High Content Screening
    Requisitos das mostras

    Poñerse en contacto cos técnicos do servizo.

    Máis información

    María Inés Pazos Garrido – Beatriz Rivas Murias – Catalina Sueiro López – Daniel Carlos Cernadas Fraga
    +34 986 812 125   +34 986 812 110

    inespazos@uvigo.galbrivas@uvigo.galcatalina.sueiro@uvigo.galdaniel.carlos.cernadas.fraga@uvigo.ga