Cromatografía de Gases

A Cromatografía de Gases (GC) é unha técnica de separación e caracterización de mesturas complexas amplamente empregada debido a súa versatilidade, e tamén polo seu amplo campo de aplicación en tódalas ramas da Ciencia.
Na Cromatografía de Gases os compostos dunha mostra vaporizada son separados mediante un proceso de reparto entre una fase móbil gaseosa e una fase estacionaria fixada nunha columna. A función da fase móbil gaseosa é a de transportar os analitos a través da columna. É un gas inerte e polo tanto non interactúa no proceso.
Podemos clasificar a Cromatografía de Gases segundo o método de separación:
- Cromatografía gas-líquido: A fase estacionaria é un líquido fixado sobre un recheo sólido inerte ou fixado nas paredes dunha columna capilar. A maior parte das aplicacións realízanse mediante este proceso.
- Cromatografía gas-sólido: A fase estacionaria é sólida e a retención realízase mediante mecanismo de adsorción. O proceso de adsorción no é lineal e a aplicación deste mecanismo presenta moitas limitacións.
Unha vez separados, os compostos son detectados empregando un detector determinado, xerando un sinal característico que depende tanto do tipo de composto como da súa concentración. A representación gráfica do sinal fronte o tempo de retención dos compostos denomínase cromatograma.
Equipamento instrumental
- Cromatógrafo de Gases:
- Agilent 7820 A acoplado a detector de masas agilent 5975 msd.
- Agilent 7820 detector FID (ionización en llama).
Accesorio:
Compoñentes:
• Cromatógrafo: thermoscientific trace 1600.
• Analizador de masas de triple cuadrupolo : thermoscientific tsq9610
Aplicacións
A cromatografía de gases (GC) é unha técnica analítica potente e versátil que se emprega para separar e cuantificar os compoñentes volátiles dunha mestura.
ANÁLISE CUALITATIVA:
Identificación dos compoñentes dunha mestura. Como se mencionou anteriormente, ao usar un FT-IR ou un espectrómetro de masas como detector, temos acceso ao espectro completo do eluente para calquera tempo de retención. Ao interpretar o espectro ou buscar nunha biblioteca espectral, podemos identificar o analito responsable de cada pico cromatográfico.
ANÁLISE CUANTITATIVA:
A cromatografía de gases úsase amplamente para a análise dunha gran variedade de mostras en laboratorios ambientais, clínicos, farmacéuticos, bioquímicos, forenses, de ciencia alimentaria e petroquímicos. Algunhas das súas aplicacións móstranse na táboa.
| Medioambente | Pesticidas en auga residual, e chan. Triahalometanos en auga. PAH´S. |
| Clínico | Drogas. Alcohol en sangre. |
| Forense | Acelerantes de chama. Detección de explosivos. |
| Productos de consumo | VOC´S. Monómeros en materiais. |
| Petroquímica | Pureza de disolventes. Composición de hidrocarburos. |
| Alimentación | Perfís de ácidos grasos. |
| Cosmética | Aromas y fragancias. |
Requisitos das mostras
- Documentación a entregar: Folla de Solicitude debidamente cuberta
- Cantidade mínima de mostra necesaria: 0-100µL (consúltenos)
- Nº máximo de mostras por solicitude: 10
- Volume de inxección: 1-10µL
- Filtración se é posíbel: 0,45µm
- Prazo de recollida das mostras medidas: 1 mes
- Refrixeración das mostras analizadas: 1 semana despois da entrega de resultados
Máis información
| Jorge Millos | Alberto Acuña | José Gómez |
| +34 986 812 238 | +34 986 813 885 | |
| jmillos@uvigo.es | berto@uvigo.es | josegomez@uvigo.es |

