Fotómetro Spectroquant Nova 60

O fotómetro Spectroquant® NOVA 60 é un instrumento para a análise rutinaria de augas, que ademáis pode empregarse como estación móbil de análise. O instrumento pode almacenar ata 50 métodos definidos polo usuario coa posibilidade de utilizar máis de 170 tests en cubetas ou kits de ensaio con diferentes intervalos de medida e formas de referencia con gran exactitude, incluso a niveis de trazas.
Equipamento instrumental
Spectroquant Nova 60
- Sistema óptico: 12 filtros con feixe de referencia
- Filtros (nm): 340, 410, 445, 500, 525, 550, 565, 605, 620, 665, 690, 820
- Precisión (nm): +/- 2
- Intervalo: -0.300 a 3.200 extinción, concentración
- Soporte de cubetas: cubetas redondas 16 mm e cubetas de 10, 20 e 50 mm
- Control de calidade: 3 modos (AQA)
- Memoria de datos: 1000 pares de datos
Aplicacións
Entre as 170 aplicacións definidas para auga potábel ou resudual, podemos destacar (consúltenos): cloruros, fluoruros, silicatos, sulfuros, sulfatos sulfitos, cianuros, nitratos, nitritos, Nitróxeno Total, fosfatos, fósforo total, amonio, cromo, bromo, prata, tensioactivos aniónicos, fenois, etc.
Requisitos das mostras
- Documentación a entregar: Folla de Solicitude debidamente cuberta
- Cantidade mínima de mostra necesaria: 10 mL por parámetro a determinar
- Nº máximo de mostras por solicitude: 20
- Recepción de mostras: Conxeladas, fixadas ou refrixeradas (consúltenos)
- Filtración se é posíbel: 0,45µm
- Prazo de recollida das mostras medidas: 1 mes
- Refrixeración das mostras analizadas: 1 semana despois da entrega de resultados
Máis información
| Jorge Millos | Alberto Acuña | José Gómez |
| +34 986 812 238 | +34 986 813 885 | |
| jmillos@uvigo.es | berto@uvigo.es | josegomez@uvigo.es |

