Espectroscopía Raman

O servizo de Seguridade Alimentaria conta dentro da unidade de caracterización de materiais coa técnica Raman que pode proporcionar información estructural e composicional dun amplo número de mostras.
A espectroscopía Raman é unha técnica fotónica que proporciona en poucos segundos información química e estrutural de materiais orgánicos ou inorgánicos. Baséase na dispersión elástica, ou dispersión Raman, da luz monocromática, que polo xeral procede dun láser no rango visible, infravermello próximo, ou ultravioleta próximo. O efecto Raman prodúcese cando a luz incide sobre unha molécula e interacciona coa nube de electróns dos átomos desa molécula. A luz do punto iluminado recóllese cunha lente e envíase a través dun monocromador. As lonxitudes de onda próximas á liña láser, debidas á dispersión elástica de Rayleigh, son filtradas, mentres que o resto da luz recollida dispérsase nun detector.
Para que a molécula exhiba o efecto Raman é necesario un cambio na polarizabilidade molecular, ou cantidade de deformación da nube de electróns con respecto á coordenada vibracional.
A obtención do espectro Raman permitiranos o estudio dos modos vibracionales das moléculas presentes na mostra. E ofrece a vantaxe de que hay modos que non son activos no infravermello e sí o son en Raman.
Equipamento instrumental
Espectrómetro Horiba Jobin Yvon HR800UV con láseres de ultravioleta de:
- Ar: 488 nm (azul)
- Ar: 532 nm (verde)
- Diodo :785 nm (vermello)
- HeNe: 633 nm (vermello)
O equipo ten un microscopio confocal con tres obxetivos diferentes: 10x, 50x e 100x e una cámara de vídeo integrada que permite a visualización da mostra. O detector é un CCD refrixerado por aire (1024×1056 pixels de 26 micras) adecuado para UV, visible e infravermello cercano.
Aplicacións
Por esta técnica, que é non destrutiva, podemos medir unha gran variedade de mostras como son polímeros, emulsións, recubrimientos, biomoléculas, solos, contaminacións, materiais pictóricos, residuos ou mostras arqueolóxicas, e case todo tipo de materiais orgánicos ou inorgánicos.
Ten gran utilidade tamén en xemoloxía, no estudio de composición cristalinidade e homoxeneidade de materiais semiconductores, e no estudio de tecidos biolóxicos
Requisitos das mostras
Poden analizarse mostras sólidas, pós ou líquidas. O grosor/espesor dos sólidos debe ser pequeno pois se necesita facer o enfoque co microscopio.
Non se poden analizar metais nin aleacións metálicas.
A espectroscopía Raman realízase directamente sobre o material a analizar, polo que as mostras non necesitan ningún tipo de preparación ou alteración da súa superficie.
Máis información
Estefanía López – Jorge Millos
+34 986 812 238 – +34 986 130 125