CACTI

Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación

Selo Transparencia
Selo Q
Selo HR á Excelencia na Investigación

Investigación básica e aplicada de calidade

O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación, coñecido polo acrónimo de CACTI, é unha aposta da Universidade de Vigo pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional dende o ano 1991.

CACTI Centro de Apoio á Investigación Científico-Tecnolóxica da Universidade de Vigo

Dotado de equipamento singular, da apoio a universidades, empresas e centros tecnolóxicos.

O CACTI ten coma obxectivo a adquisición, xestión e uso centralizado de grandes equipamentos científicos coa vocación de brindar apoio científico e tecnolóxico tanto aos membros da Comunidade Universitaria coma aos Organismos Públicos de Investigación (OPI), no ámbito nacional e internacional, e entidades privadas do noso entorno

O CACTI abrangue os servizos máis punteiros en investigación científica: Determinación Estrutural, Proteómica e Xenómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemento Sostible e Seguridade Alimentaria (nos Campus de Vigo e Ourense), Teledetección, Taller de Mecanizado e Servizo de asistencia técnica e calibración, SATYCEL. Así, o CACTI, nas súas dúas sedes de Vigo e Ourense, configúrase como un centro dotado dunha altísima infraestrutura de investigación sen parangón no noso contorno xeográfico.

Equipamento CACTI

O CACTI ten como obxectivo a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto ós membros da Comunidade Universitaria como ós Organismos Públicos de Investigación (OPIs), no ámbito nacional e internacional, e entidades privadas do noso entorno.

Personal e equipos do CACTI

O CACTI cubre os servizos máis punteiros da investigación científica: Determinación Estructural, Proteómica e Xenómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemento Sostible e Seguridade Alimentaria (nos Campus de Vigo e Ourense), Detección Remota, Taller de Mecanizado e Servicio de asistencia técnica e calibración SATYCEL.

Así, o CACTI nas dúas sedes de Vigo e Ourense, configúrase como un centro dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación no noso entorno xeográfico.

 

VISITAS AO CACTI

Os institutos, centros de formación profesional, organismos públicos e entidades poden solicitar unha visita guiada aos servicios do CACTI. O aforo máximo por organismo ou entidade é de 25 persoas e a duración máxima de 1h:45min. As visitas serán os últimos venres de cada mes (excepto os meses de agosto e decembro) en horario de mañá, de 10:00h a 11:45h e de 12:00h a 13:45h.

Centro certificado ISO-9001

AENOR certifica que a organización Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI) da Universidade de Vigo dispón dun sistema de xestión da calidade segundo a norma ISO 9001:2015.

Certificado Gestión da calidade AENOR ISO9001